Blog

3Dentista, Tratamentos De Odontoloxía En Vídeo 3D

23-05-2016
Clínica Pardiñas crea a plataforma 3Dentista, na que pacientes e odontólogos poderán atopar información sobre enfermidades e tratamentos dentais en vídeo 3D
Clínica Pardiñas crea a plataforma 3Dentista, na que pacientes e odontólogos poderán atopar información sobre enfermidades e tratamentos dentais en vídeo 3D

Nace 3Dentista, unha plataforma que facilita aos pacientes a procura de información sobre tratamentos odontolóxicos e axuda aos dentistas na explicación de enfermidades e intervencións dentais. 3Dentista é unha páxina web na que están recollidos os tratamentos e enfermidades da boca máis frecuentes, todas elas explicadas con detalle nun post acompañado dun vídeo en 3D.

Para facilitar a procura de información dentro de 3Dentista, os vídeos foron agrupados segundo categorías odontolóxicas habituais: odontoloxía conservadora, periodoncia, ortodoncia, implantoloxía oral, saúde bucodental, estética dental, cirurxía oral, prótese e outras solucións para os dentes.

Precisamente, os vídeos animados son a principal proposta de valor de 3Dentista. Todos foron guionizados polos doutores da nosa clínica, e desenvolvidos pola produtora de animación 3D MadMouse Studio. Na plataforma tamén colaborou a axencia El Fabricante de Nubes, encargada da elaboración de contido, e a empresa de desenvolvemento web Orix Systems.

A orixe deste proxecto remóntase a comezos de 2015, data na que colgamos un primeiro vídeo de odontoloxía en 3D na nosa canle de Youtube. Desde entón a canle non parou de crecer e xa conta con 30 vídeos traducidos en 4 idiomas diferentes. Aínda que xa hai uns cantos vídeos máis en camiño. Todo sexa por ofrecer sempre o mellor servizo posible aos pacientes.

Captura de un vídeo 3D sobre la ortodoncia y el aparato dental

Te puede interesar…