Actualidade

A nosa canle de Youtube premiado nos Digital Health Awards

O pasado mes de novembro a nosa canle de Youtube foi premiado coa medalla de ouro na categoría “Social Media” dos Digital Health  Awards. Na súa edición número 21, este galardón bianual recoñece o labor da nosa canle de odontoloxía en 3D como “un recurso dixital de alta calidade para os consumidores e profesionais da saúde”.



Estes premios dixitais son convocados pola  Health Information  Resource  Center (HIRC), unha  organización cuxa sede está na cidade de Liberyville, no estado de  Illinois (Estados Unidos). O  HIRC é un centro de intercambio de información para profesionais que traballan nos campos da saúde do consumidor.


A veracidade da información, o interese para o paciente, a plataforma de difusión, o alcance... son algúns dos máis de 20 criterios que tiveron en conta os xuíces dos Digital Health Awards para recoñecer á a nosa canle de Youtube con este galardón dourado. Xunto ao botón de prata de Youtube e ás excelentes cifras da canle, este é outro empuxón cara adiante para seguir facendo crecer un proxecto cuxa principal finalidade é achegar a odontoloxía a pacientes de calquera recuncho do mundo.

Información Importante sobre o Coronavirus

Comunicado da Equipa da Clínica Médico Dental Pardiñas acerca das medidas adoptadas polo noso centro.

Ler máis

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

Carie dental: ¿Qué é e cómo previla?

A carie dental é a principal causa de perda de dentes en nenos e novos. Neste post contámosche qué é e cómo pode previrse.

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.