O pasado mes de novembro a nosa canle de Youtube foi premiado coa medalla de ouro na categoría “Social Media” dos Digital Health Awards. Na súa edición número 21, este galardón bianual recoñece o labor da nosa canle de odontoloxía en 3D como “un recurso dixital de alta calidade para os consumidores e profesionais da saúde”. Estes premios dixitais son convocados pola Health Information Resource Center (HIRC), unha organización cuxa sede está na cidade de Liberyville, no estado de Illinois (Estados Unidos). O HIRC é un centro de intercambio de información para profesionais que traballan nos campos da saúde do consumidor.
A veracidade da información, o interese para o paciente, a plataforma de difusión, o alcance… son algúns dos máis de 20 criterios que tiveron en conta os xuíces dos Digital Health Awards para recoñecer á a nosa canle de Youtube con este galardón dourado. Xunto ao botón de prata de Youtube e ás excelentes cifras da canle, este é outro empuxón cara adiante para seguir facendo crecer un proxecto cuxa principal finalidade é achegar a odontoloxía a pacientes de calquera recuncho do mundo.