Actualidade

Chagas na boca - Que é un afta bucal, que a causa e cómo tratala

As aftas bucais, coloquialmente coñecidas como chagas na boca, son un dos problemas de saúde oral máis estendidos. As úlceras bucais ou aftas son lesións superficiais que aparecen nos tecidos brandos da boca como beizos e lingua. Estas poden ser dolorosas e causar problemas á hora de falar e comer. Os tipos de chagas varían na súa gravidade e causas.


1) Por que saen as chagas na boca?

As chagas poderían ser o síntoma dunha enfermidade sistémica; como pode ser unha infección por bacterias, virus ou fungos ou como resultado de irritación causada por aparellos de ortodoncia, dentaduras postizas ou o bordo afiado dun dente roto ou empaste. Segundo a orixe da mesma, podemos falar de distintos tipos de aftas:

1a. Chagas ou úlceras traumáticas:

Son feridas causadas por un traumatismo (mordeduras, golpes, etc.), polo uso de próteses que non están ben adaptadas, pola rozadura con algún dente roto, pola irritación provocada pola ortodoncia, por queimaduras, etc.


1b. Aftas secundarias a quimioterapia ou radioterapia:

É un efecto secundario frecuente que ocorre en pacientes baixo tratamento oncolóxico. Fármacos como o Metotrexate, 5- Fluoracilo, Doxorubicina... poden provocar este tipo de lesións na boca. A radioterapia de cabeza e pescozo tamén pode producir mucositis e aparición de úlceras nas mucosas e lingua.


1c. Estomatite aftosa recidivante:

É a forma máis común de aftas nos nenos, aínda que tamén están relacionados co estrés pacientes novos e adultos. Descoñécese exactamente cal é a causa, aínda que se pensa que pode ser multifactorial, como factores xenéticos predisponentes, alteracións nas defensas do corpo ou relacionadas con enfermidades sistémicas (como a síndrome de Crohn, enfermidade celíaca, etc.). 

Os déficits de ferro ou vitaminas como a B1, B2 e B6 pode influír no sistema inmunitario, favorecendo a aparición de chagas. Igualmente, os cambios hormonais como os presentes no ciclo menstrual están relacionados coa aparición de aftas. 

Por último, deixar de fumar tamén pode provocar a aparición de chagas xa que en pacientes fumadores, o grosor da capa de queratina que recubre as mucosas é maior, co cal sería unha protección fronte ás aftas.


1d. Chagas causadas por enfermidades infecciosas:

A máis común é o virus do Herpes (VHS-1), que produce úlceras ou bochas en mucosas ou beizos, coloquialmente coñecidas como quenturas, e que son altamente contaxiosas.


2) Cómo curar as aftas bucais:

As aftas de menor tamaño adoitan desaparecer sen secuelas aos 10-14 días, mentres que as de maior tamaño poden tardar ata un mes e poden deixar cicatriz. Dependendo da orixe das mesmas o tratamento pode ser diferente:

2a. Tratamento sintomático para as chagas:

En liñas xerais, o tratamento das aftas bucais adoita ser sintomático, aplicando xeles protectores, enxaugues con clorhexidina ou con anestésicos tópicos, e a maioría desaparecen por si soas ao cabo duns días. En casos máis graves o odontólogo pode prescribir o uso de corticoides tópicos en forma de fórmulas maxistrais ou sistémicos. 


2b. Outras recomendacións para o tratamento de aftas: 

En calquera situación, é importante manter unha correcta hixiene bucal, para evitar a sobreinfección deste tipo de úlceras. Tamén se recomenda evitar tomar comidas picantes, acedas ou irritantes que poidan agravar o estado das úlceras, así como o uso de colutorios que conteñan alcol ou outros axentes irritantes. Finalmente, hai que avaliar os posibles factores causantes e comprobar se existe algunha deficiencia vitamínica, alerxia, infección ou traumatismo local. 


Independentemente da orixe do afta, é importante consultar co seu dentista e examinar calquera que dure 14 días ou máis. Da mesma forma, recoméndase tamén revisar calquera lesión na boca que estea presente durante máis de 21 días. Podemos axudarche?

Compártao

A Candidiase oral - Causas e tratamento

A candidiase oral é unha infección causada polo fungo Candida albicans. Neste post falamos das causas da candidiase na boca e dos posibles tratamentos.

Ler máis

Chagas na boca - Que é un afta bucal, que a causa e cómo tratala

As chagas na boca son un dos problemas orais máis frecuentes. Neste post explicamos por que se producen as aftas bucais e como podemos solucionalo.

Ler máis

O sangrado de enxivas

Por que sangran as enxivas?, como podo solucionar este problema? Neste post de Clínica Médico Dental Pardiñas falamos do sangrado de enxivas.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía con máis visitas a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes.

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental