Actualidade

As cifras da canle dental de Youtube de máis visto do mundo

Con máis de 70 millóns de visitas, a canle de odontoloxía de Youtube xa é o máis visto do mundo nesta temática. A canle de Clínica Médico Dental Pardiñas busca achegar a odontoloxía aos pacientes, ofrecendo para iso máis de 55 vídeos animados sobre tratamentos e enfermidades dentais en 12 idiomas diferentes: español, inglés, portugués, francés, alemán, italiano, ruso, chinés, árabe, xaponés, hindi e galego. Precisamente o galego é unha das apostas da nosa clínica dental, promovendo as nosas raíces e a lingua da nosa terra. Somos ademais a única clínica dental que conta con páxina web en galego.  


Ademais dos mencionados 70 millóns de visitas, outras cifras que permiten entender a magnitude da canle son os 200.000 espectadores de media que entran diariamente desde calquera lugar do mundo e os case 200.000 subscritores que actualmente acumula. Foi ese número de subscritores o que nos fixo merecedores da insignia de prata de Youtube, un recoñecemento que nos permitiu ademais utilizar os estudos de gravación desta compañía na nosa recente viaxe a Nueva York.


A insignia de Youtube non foi o único premio que recibimos por este proxecto audiovisual. Nos últimos meses fomos recoñecidos coa medalla de ouro en Digital Health Awards, un galardón que recoñece os mellores medios dixitais no campo da saúde. Igualmente, fomos finalistas de Youtubeiros 2019, un galardón que busca dar apoio á creación e difusión de vídeos en galego.



Como complemento aos nosos vídeos de odontoloxía en 3D desenvolvemos un novo proxecto relacionado: Dentalk. Baixo esta marca lanzamos unha serie de capítulos nos que respondemos as dúbidas máis frecuentes sobre saúde bucodental. Todos estes vídeos estarán dispoñibles en español, galego e inglés, aínda que estamos a traballar para poder levar Dentalk a outros mercados.


Con estes magníficos números, recoñecementos e proxectos seguimos traballando, coa intuición de que este só é o principio dun bonito camiño na divulgación odontolóxica. Aínda quedan moitos vídeos e traducións na recámara, co único obxectivo de seguir achegando a odontoloxía a pacientes de todo o mundo. Canto maior información teñan os pacientes, máis fácil será poder ofrecerlles o tratamento adecuado ao seu caso. 

Categoría Odontología 3D
Etiquetas #youtube

A sensibilidade dental - Que é e como combatela?

A sensibilidade dental é unha molestia frecuente nos dentes cuxas causas e, por tanto, tratamentos, poden ser diversas. Neste post falamos sobre a sensibilidade nos dentes.

Ler máis

O absceso dental ou flemón – Causas e tratamento.

O flemón ou absceso dental é un dos problemas dentais máis comúns. Neste post falamos sobre as causas do flemón e os posibles tratamentos.

Ler máis

O Dr. Pardiñas periodoncista de referencia en A Coruña

O Dr. Simón Pardiñas, periodoncista de referencia en A Coruña, entrevistado na web de ProntoPro.

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental