Blog

Congreso Internacional De Necesidades E Dereitos Da Infancia

26-05-2016
A Fundación Clínica Pardiñas colaborou no Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maio
A Fundación Clínica Pardiñas colaborou no Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maio

A Fundación Clínica Pardiñas participou no Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebrado na Coruña os días 19 e 20 de maio. Alí asistiu o Dr. Simón Pardiñas como relator e como representante da Fundación na conferencia sobre o Sistema Sanitario.

Durante a súa intervención, o Dr. Pardiñas falou dos problemas que existen durante a infancia para acceder a determinados tratamentos odontolóxicos xa que a Seguridade Social non cobre a maioría de intervencións dentais. Nesta mesma charla, o Dr. Pardiñas insistiu nas consecuencias que pode ter na saúde dun adulto os problemas bucais arrastrados desde a nenez, así como na importancia da prevención. No coloquio tamén participaron o Dr. Jesús García (Presidente da sociedade española de pediatría social), Raquel San José (psicóloga clínica), e Paula Pita (membro da Asociación Galega de Matronas), ofrecendo o seu punto de vista sobre o tema.

O Congreso Internacional de Necesidades e Dereitos da Infancia celebraba este ano a súa primeira edición e elixiu o Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña como escenario para o seu debut. Este congreso nace para buscar resposta a dúas preguntas: que impide hoxe en día atender as necesidades dos máis pequenos e cómo podemos mellorar a situación. De igual forma, ten como obxectivo unir a responsables de distintos sectores relacionados coa infancia para buscar unha solución conxunta aos problemas, e ser un altofalante permanente sobre as necesidades e dereitos da infancia.

Participar nunha causa así é un auténtico orgullo para Fundación Clínica Pardiñas. Esta institución foi concibida para dar servizos odontolóxicos aos sectores máis desfavorecidos da sociedade, e a infancia merece todo o noso apoio.

Celebración del congreso Internacional de Necesidades y Derechos de la Infancia en el Paraninfo de A Coruña

Te puede interesar…