A sede da Fundación Clínica Pardiñas acollerá, desde marzo do 2018 a setembro de 2019, o Curso Modular Sistemas Ertty de ortodoncia. O Sistema Ertty é un método de ortodoncia innovador que permite un tratamento máis rápido e eficaz cuns resultados máis estables a longo prazo.
Esta metodoloxía baséase nun diagnóstico en 3D de alta precisión e nunha liña de pensamento construída ao redor da ortodoncia, disfunción temporomandibular e oclusión, proporcionando tratamentos que preservan o soporte periodontal, as articulacións temporomandibulares e todo o sistema estomatognático. Os obxectivos desta formación serán:
- Presentar os recursos tecnolóxicos máis novos no proceso de diagnóstico e planificación multidisciplinar – Protocolo SYM®3D.
- Demostrar unha secuencia mecánica eficaz, realizada nun curto período de tempo, con menor custo biolóxico para o paciente.
- Presentar todos os sistemas sen a necesidade de empregar aparatología extrabucal.
- Ensinar a confeccionar aparellos dos Sistemas Ertty.
- Conceptualizar as mecánicas avanzadas e a preparación ortocirúrxica non convencional.
- Ensinar como utilizar as miniplacas e os miniimplantes en tratamentos de alta complexidade.
- Interrelacionar a Ortodoncia coa Rehabilitación Oral, Odontoloxía Estética, Cirurxía Ortognática e Implantología.
- Instruír sobre a importancia da tomografía computarizada como medio de diagnóstico diferencial na relación da ATM coa maloclusión.
- Aclarar a relación entre Ortodoncia e os factores oclusais de risco para a DTM.
- Presentar as novos paradigmas – Osteodoncia: Demostrar e aplicar os conceptos do 3DVD® – Tridimensional Virtual Diagnose.
A formación será impartida polos doutores Ertty Silva, Sérgio Pinho e Carlos Alberto Gasque, ademais de contar coa colaboración de doutóra Carmen López. O curso dividirase 10 módulos teóricos, prácticos e demostrativos, que ofrecerá ao alumno un novo universo para diagnósticos e tratamentos, desde a infancia ata adultos de alta complexidade. Os módulos serán os seguintes:
- Diagnóstico e planificación.
- Ertty gap II e III
- Mecánica Avanzada con mini-placas
- Ortodoncia rehabilitadora.
- 3DVD tridimensional virtual diganosis.
- Novos paradigmas da osteodoncia.
- Preparación ortocirúrxica non convencional.
- Disfunción temporomandibular.
- Ortopedia funcional dos maxilares.
- Finalización, oclusión e consideracións finais.
Esta formación en sistemas de ortodoncia Ertty é unha aposta máis de Clínica Pardiñas por seguir mellorando a calidade dos tratamentos dos pacientes. Podedes atopar máis información na páxina web e no seguinte vídeo.