Actualidade

O Dr. Pardiñas López ponente en Los Ángeles ao meeting da Academia de Osteointegración

O Dr. Simón Pardiñas López asiste en Los Ángeles ao meeting anual da Academia de Osteointegración (AO) e entra a formar parte do Young Clinicians Committe (YCC)A principios de marzo, o Dr. Simón Pardiñas López asistiu como ponente ao meeting anual da prestixiosa Academy of Osseointegration (AO), onde ademais entrou a formar parte do Young Clinicians Committe (Comité de Mozos Clínicos).

Na súa edición número 33, este importantísimo meeting da AO foi levado por primeira vez á cidade de Los Ángeles. Alí o Dr. Pardiñas participou como relator na sesión de innovacións clínicas, compartindo atril con recoñecidos doutores internacionais.

Con máis de 6.000 membros en 70 países de todo o mundo, a Academy of Osseointegration está recoñecida como a principal asociación internacional para profesionais en implantoloxía. A AO serve como un nexo onde os especialistas e os xeneralistas poden unirse para avaliar a investigación, a tecnoloxía e as técnicas emerxentes; compartir a mellor información; e coordinar a atención óptima do paciente utilizando a ciencia e os métodos oportunos baseados na evidencia.

Simón Pardiñas - Meeting AO

 

Pola súa banda, o Young Clinicias Committe (YCC) é un comité formado por 15 novos doutores de todo o mundo involucrados tanto na investigación clínica como académica, nunha ampla variedade de especialidades como son a cirurxía oral, prostodoncia, periodoncia e estética dental. Isto supón un gran recoñecemento profesional para o Dr. Simón Pardiñas e un avance na súa carreira investigadora en Galicia.

Con todo iso, esta viaxe a Los Ángeles foi un novo paso adiante na prometedora carreira do noso doutor. O voso sorriso está nas mellores mans.

 

 

Presentamos nova Web

Así é a nova web de Clínica Médico Dental Pardiñas, unha páxina coa que trataremos de ofrecer aos nosos pacientes o mellor servizo online posible.

Ler máis

A osteointegración dos implantes dentais

A osteointegración é o proceso que realiza o corpo humano para crear unha conexión directa e funcional entre o óso e a superficie dos implantes dentais.

Ler máis

Problema de empastes – A obturación dental desbordada

Unha obturación dental mal realizada pode ser un foco maior de acumulación de restos de comida e placa, o que pode provocar aparición de carie por baixo do empaste

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.