A doutora Sonia Liste Grela, licenciada en odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2008), incorporouse ao equipo de doutores da Clínica Médico Dental Pardiñas colaborando nas especialidades de próteses e estética dental xunto coa Dra. López Prieto e o Dr. Davila.
Ademais da xa mencionada licenciatura en odontoloxía, a dra. Liste ten unha extensa e completa formación na materia, o que permite ofrecer un servizo á altura dos estándares de calidade da nosa clínica. No seu currículo destaca:
- Diploma de Estudos Avanzados en Investigación odontológica DEA e presentación da tesina doutoral en USC Santiago de Compostela (2008-10).
- Diploma de Curso de especialización Odontoloxía Estética pola Universidade Complutense de Madrid (2015-16).
- Asistiu a máis de 60 cursos e xornadas relacionadas coa odontoloxía.
- 8 anos de experiencia laboral ininterrompida en clínicas dentais.
Polo seu extenso currículo formativo e laboral, estamos seguros de que a doutora Sonia Liste vai ofrecer aos nosos pacientes a mellor atención posible en materia de estética dental e prótese. Desde aquí só quédanos desexarlle moitos éxitos nesta nova aventura profesional.