Especialidades

Cirurxía oral

Extracción das moas do xuízo

As moas do xuízo poden supoñer un problema para os pacientes, en especial para aqueles que están na idade na que están erupcionandas, xeralmente entre os 17 e 24 anos.

A moas do xuízo pode erupcionar de forma nomal sen dar ningún tipo de sintomatoloxía. Pero en moitos casos estas erupcionan nunha malposición, xeralmente debido a unha falta de espazo.

Nestes casos nos que as moas do xuízo erupcionan nunha malposición se poden producir problemas como pode ser a perioconarite, que é unha inflamación e/ou infección da enxiva que recobre a moa, o que pode producir dor, mal alento, mal sabor de boca e en casos máis avanzados febre. Estes episodios poden remitir con antibióticos e antiinflamatorios, pero esta infección pode volver acontecer converténdose en crónico, sendo o tratamento de elección é a extracción das moas do xuízo.

Noutros casos a malposición das moas do xuízo pode danar as pezas veciñas, producíndolles carie, desprazamentos e chegando mesmo a poder perder ambas as dúas pezas.

É recomendable diagnosticar tempranamente un posible problema nas moas do xuízo, xa que a súa extracción resulta máis sinxela e con menos complicacións postoperatorias a idades temperás nas que as moas do xuízo non están totalmente formadas.

Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía con máis visitas a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes.

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental