Especialidades

Estética dental

Solucións a problemas estéticos, de cor ou forma, que incomodan á hora de sorrir

Para mellorar a estética dental utilízase a ortodoncia (colocación de aparatos para recolocar os dentes), o blanqueamiento dental, as carillas ou facetas de porcelana ou composite, e as coroas ou fundas completas de porcelana.
Podemos ter uns dentes que estando perfectamente aliñados na boca, presenten alteracións da cor ou da forma, que nos causen problemas á hora de sorrir.
Para solucionar estes problemas existen diferentes técnicas e cada unha ten as súas indicacións precisas.
Non debemos esquecer que calquera problema de base (carie, enfermidade periodontal etc) ten de ser tratado previamente antes de corrixir a estética. Obviamente, e sempre que sexa posible, buscamos que función e estética vaian da man.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental