Especialidades

Estética dental

Facetas composite (láminas)

As facetas dentarias son unhas láminas fabricadas en distintos materiais que nos permiten corrixir pequenas anomalías nos dentes, tanto de forma como de tamaño e cor. Cobren parcialmente o dente que ha de ser previamente preparado minimamente.
Con elas podemos conseguir uns resultados estéticos excelentes logrando importantes cambios estéticos para o paciente.
Cada caso require unha análise previa onde se valora a liña de sorriso, posición do dente, beizos, enxivas e o conxunto de tecidos da cara en xeral. Tan importante ou máis que o dente é a enxiva. A enxiva é o marco onde o dente é o cadro.
Unha vez analizado procédese a realizar o tratamento personalizado para cada caso. Debemos lembrar que nunca hai 2 bocas iguais e que non todo vale para todos.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.