Reconstrución con composites e incrustacións
Tamén se poden lograr resultados estéticos excelentes realizando reconstrucións con composites e nos casos indicados con incrustacións.
A reconstrución con composite é o que comunmente se denomina como "empaste".
As incrustacións son outra forma de reconstruír pezas dentarias que foron afectadas ben sexa por caries ou por fracturas. Consiste en realizar a reconstrución fóra de boca a partir duns modelos tomados do dente afectado de maneira que ao colocala sobre o dente encaixe perfectamente, coma se fose unha peza de quebracabezas.