Especialidades

Fisioterapia

Terapia manual ortopédica

Consiste nunha avaliación integral do sistema artro- neuro-muscular do paciente e das súas capacidades funcionais. Con esta valoración defínese a disfunción que presenta o paciente nos sistemas articular, muscular e nervioso, así como noutros sistemas relevantes; explicando a forma en que se relacionan con calquera discapacidade ou limitación funcional.

A intervención en terapia manual ortopédica está formada por diferentes técnicas entre as que se inclúen: o estiramento muscular, a forza e a coordinación muscular, mobilización do sistema nervioso, a manipulación e mobilización articular lenta, estabilización tanto activa como pasiva e os exercicios de resistencia, así como a situación funcional xeneral do paciente. Tamén é fundamental durante o proceso de intervención o auto-tratamento por parte do paciente (un conxunto de estratexias terapéuticas que o fisioterapeuta instrúe ao paciente para que este xestione o seu propio estado funcional e de saúde xeral).

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental