Especialidades

Fisioterapia

Terapia Ocupacional

Segundo a OMS, a terapia ocupacional ( TO) é “o conxunto de técnicas, métodos e actuacións que, a través de actividades aplicadas con fins terapéuticos, prevén e mantén a saúde, favorece a restauración da función, suple os déficits invalidantes e valora os supostos comportamentais e a súa significación profunda para conseguir a maior independencia e reinserción posible do individuo en todos os seus aspectos: laboral, mental, físico e social”. O obxectivo primordial é que o paciente adquira a máxima funcionalidade de maneira independente, xa sexa física, cognitiva e/ou conductual mediante a realización dalgunha actividade significativa para a persoa. Entre os ámbitos de actuación da terapia ocupacional podemos atopar:

  • Valoración das capacidades e limitacións da persoa.
  • Prevención de discapacidades físico-funcionais e cognitivas.
  • Valoración e tratamento das capacidades sensoriais, cognitivas superiores, sociais e psicolóxicas.
  • Elaboración de obxectivos e avaliación de programas de tratamento individualizados e significativos.
  • Adestramento e reeducación nas actividades da vida diaria.
  • Adestramento no uso de axudas técnicas, sempre compensando as súas limitacións.
  • Confección, realización e prescrición de próteses e axudas técnicas, así como o adestramento da persoa na súa utilización.
  • Adaptación da contorna e elaboración de programas de eliminación de barreiras arquitectónicas, así como o asesoramento a familias, usuarios e profesionais doutras especialidades.
  • Avaliación dos medios de transporte e as súas posibles adaptacións.
  • Capacitación do individuo para lograr o maior grao de reinserción socio-laboral posible como membro activo dentro da súa comunidade.
  • Axudar ao individuo para reaxustar os seus hábitos diarios.
  • Reinserción da persoa na súa vida cotiá e no seu medio nas mellores condicións posibles.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental