Qué son os implantes dentais
Os implantes dentais son uns aditamentos de titanio xeralmente de forma cilíndrica sometidos a un tratamento especifico para garantir a súa fixación ao óso.
Os implantes dentais pódense considerar como unhas raíces artificiais, xeralmente de titanio puro, que van ancoradas no óso dos maxilares.
Sobre estas raíces artificiais axústanse posteriormente os dentes correspondentes.

Se o óso dispoñible nos maxilares é moi pouco (debemos lembrar que ao perder os dentes se reabsorbe o óso que estaba a rodear ás raíces dos dentes) só nos queda a opción de enxertar óso doutra zona do corpo.
No caso do maxilar superior, para evitar ter que recorrer a enxertos de óso en casos de reabsorcións extremas, optamos polos implantes cigomáticos. Estes son uns implantes moi longos que se ancoran no óso cigomático do maxilar superior (óso do pómulo).
O uso de dita técnica supón unha excelente alternativa no tratamento de pacientes desdentados e con pouca masa ósea na zona do maxilar superior. Para estes pacientes supón unha esperanza no tratamento, facendo posible a confección dunha prótese fixa superior, substituíndo as próteses removibeis no mesmo día ou ao día seguinte da cirurxía.

Algúns dos nosos casos reais de éxito dos nosos pacientes de implantes dentais
Implantes dentais ![]()
Ortodoncia
Enfermidades das enxivas
Ciruxía Oral
Prótese dental
Estética dental
Endodoncia
Odontopediatría
Disfunción temporomandibular
Roncopatía e apnea do sono
Sedación
Consideracións bucodentais