Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Indicacións e Contraindicacións

Os implantes dentais funcionan como raíces artificiais para poder soportar os dentes que faltan neles.

En principio, calquera persoa que teña ausencia dalgún ou de todos os seus dentes é elixible para recibir implantes sabendo que hai outras alternativas como prótese parcial removibel, completa ou fixa convencional.

Se unha persoa completamente desdentada ten problemas coa súa prótese completa ben porque sexa inestable e crea problemas ao comer, falar, rir, bicarse; ou por outros motivos, como reflexos de náuseas ou incapacidade psicolóxica (aínda que haxa unha estabilidade e retención adecuadas da prótese), isto son indicacións de ser portador dunha prótese sobre implantes, totalmente fixos ou de sobredenturas.

Unha sobredentadura é unha prótese removibel retida por varios implantes.

Outras indicacións importantes son os desdentados posteriores que non queiran levar unha prótese "con ganchos" ou cando hai ocos intermedios e aínda a pesar de poder levar algo fixo apoiado nos seus dentes, non queiran rebaixar as súas pezas, máxime se esas pezas ademais están intactas.
A primeira contraindicación sería unhas expectativas pouco realistas por parte do paciente; por iso é necesario facer un estudo serio e informar o paciente de toda a problemática do seu caso sabendo o que se pode conseguir no ámbito de estética e de función e as limitacións que poida ter.

Antes de colocar os implantes a boca debe de estar saneada, é dicir, sen placa nin sarrio, coas caries obturadas, sen focos infecciosos, coas mucosas sas e coa posible enfermidade periodontal (piorrea) controlada.

Os pacientes con enfermidades sistémicas graves, con trastornos mentais importantes (debido á dificultade engadida do mantemento hixiénico dos implantes), os dependentes de drogas (incluíndo aquí aos grandes fumadores e alcohólicos) non deberían de levar implantes. Con respecto aos fumadores está demostrado que hai un maior risco de fracasos de implantes. É moi importante que o paciente ou ben non sexa fumador, ou que fume menos de 5 cigarros ao día. A nicotina do tabaco provoca unha redución da proliferación de glóbulos vermellos e brancos e unha diminución da achega sanguínea aos tecidos orais (óso e enxivas), co cal diminúe a achega de osíxeno á devandita zona, poñendo en perigo a oseointegración dos implantes.

Nas persoas que teñan os maxilares moi reabsorbidos ou un óso de mala calidade, podemos ter dificultades para poder colocar os implantes, debido a que estes ocupan un volume e é necesrio unha altura e anchura mínimas. Nestes casos pode ser necesario realizar algún enxerto óseo previo.

Na parte posterior do maxilar superior, os seos maxilares (cavidades ocas que hai a ambos os dous lados do nariz) moi baixos pódennos limitar tamén a súa colocación. No maxilar inferior, a situación anatómica do nervio dentario inferior pode presentar un problema debido á súa proximidade co futuro implante, facendo necesario reducir a lonxitude do implante ou empregar outras técnicas para evitar danalo.
Hai que ter en conta tamén o tipo de mordida do paciente; aos pacientes apretadores ou bruxistas (rinchadorese nocturnos) poden facernos fracasar algún implante por un exceso de carga sobre estes.

É importante pois, facer un diagnóstico previo o máis minucioso posible, analizando todos e cada un dos parámetros tanto clínicos como funcionais e por suposto estéticos.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.