Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Mantemento dos Implantes

A IMPORTANCIA DO MANTEMENTO DOS IMPLANTES

Unha vez que o paciente superou todas as visitas, tras todas as probas de rigor, e por fin xa ten os seus dentes novos na boca, é necesario a partir de agora facer un seguimento das súas próteses sobre implantes dentais.

Temos que asimilar que a mastigación implica unha serie de movementos da mandíbula sobre o maxilar superior, nestes movimientos interveñen moitos músculos da cara, algún dos cales poden facer unha forza tremenda á hora de masticar, ademais, a mandíbula non só ten movementos de apertura e peche senón tamén de lateralidad y cincunducción. Os dentes naturais están dotados duns mecanismos de defensa contra eses traumas que sofren a diario; entre eles, un dos máis importantes, é o ligamento periodontal, unha estructura que rodea ás raíces no interior do óso e actúa a modo de colchón amortiguador contra o trauma masticatorio. Tamén existen uns receptores de presión que nos avisan cándo debemos deixar de apertar.

As pezas dentarias que están apoiadas sobre implantes dentais non dispoñen deste ligamento nin deses receptores de presión, senón que o implante ten unha unión íntima ao óso, non permitindo ninguna flexibilidade. É, pois, fundamental controlar que a unión entre dentes e implantes dentaiss sexa pasiva para non someter a estes a cargas extra. Doutra banda é imprescindible axustar correctamente a oclusión. Á hora de morder debe haber un perfecto equilibrio entre os dentes de maxilar superior e inferior, tendo en conta os movementos de lateralidade e en protrusiva, para que os implantes dentais non se vexan forzados en determinados movementos da boca. Estes controis hai que facelos o mesmo día e nos seguintes días á colocación das pezas definitivas.

A medio prazo hai que vixiar a acumulación de placa e sarro. Non debemos esquecer que no adulto a primeira causa de pérdida de dentes é a enfermidade periodontal, e a evolución desta enfermidade está ligada á presencia de placa e sarro nos dentes das persoas predispostas xenéticamene a elo. A moitas colócanselle implantes porque perderon dentes debido á enfermidade periodontal, co cal agora os seus novos dentes emerxen da enxiva a través dos pilares e, nestes, tamén se pode acumular igualmente placa e sarro, por iso é necesario controlar e limpar periodicamente estes acumulos nocivos para as enxivas e, polo tanto, para os implantes dentais que están dentro do óso.

A anatomía das pezas substituidas por medio de implantes dentais non é exactamente igual a das naturais; en xeral hai máis recunchos, co cal hai que extremar a hixiene e utilizar os aditamentos especiaies que existen para a súa limpeza. Desde logo unha persoa que abandonase a súa hixiene bucal durante toda a súa vida e perdese as súas pezas por este motivo, senón se mentaliza para cambiar os seus hábitos, pode non ser candidato a rehabilitar a súa boca con implantes dentais.

En moitas ocasións, sobre todo en casos de grandes rehabilitacións, é necesario colocar unha férula entre os dentes para relaxar a musculatura da cara e evitar grandes tensións sobre os implantes dentais.

É evidente que os dentes substituídos por medio de implantes dentais non se van estragar por caries, pero non esquezamos que hai que extremar o coidado cunha boa hixiene dental e que "nada é para toda a vida".

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.