Especialidades

Implantes dentais en A Coruña

Periimplantite

A periimplantite é un proceso inflamatorio que afecta aos tecidos que rodean un implante dental ** e pode danar o apoio óseo no que se atopa ata provocar a súa perda.

As causas da periimplantite

Aínda que os implantes non están expostos á acción das caries como os dentes naturais, esixen un mantemento adecuado xa que pode desenvolverse inflamación nas enxivas e mesmo infección e perda de óso.

No caso de que esta inflamación, infección localizada e perda de óso ocorra ao redor dos dentes naturais denomínase enfermidade periodontal, no caso de que ocorra un proceso similar ao redor dos implantes denomínase periimplantite.

A orixe dunha periimplantite adoita ser a acumulación de placa e sarrio ao redor da superficie do implante, o que provoca a inflamación dos tecidos que o rodean e con iso a reabsorción do óso que o alberga. Noutras ocasións, a causa pode ser o desgaste propio dunha mordida inadecuada ou cando a colocación do implante non é a correcta.
En calquera caso, a falta de hixiene oral e o tabaco entre outros son factores de risco na aparición. O coidado e mantemento adecuado dos seus implantes dentais é importante para a súa función e bo estado de saúde.

O seu dentista debe explicarlle as técnicas adecuadas para manter limpos os implantes e san o tecido circundante. É importante que o cepillado rutineiro e o uso do fío dental sexa o correcto. O seu dentista ou hicienista dental poden indicarlle tamén outras ferramentas que axudan a manter os seus dentes e implantes limpos e sans, como os cepillos interdentais e irrigadores entre outros.

Cómo tratar a periimplantite

Como a maioría de veces a orixe da periimplantite está ligado a problemas de hixiene dental, o tratamento máis habitual para esta problemática consiste en eliminar o tecido afectado e descontaminar a superficie do implante con distintos axentes químicos e medios físicos como curetas ou spray a presión.

Unha vez a superficie do implante estea completamente limpa, e os casos nos que sexa posible, poderase realizar un recheo con biomateriales do espazo deixado polo óso reabsorbido. Nos casos nos que non sexa posible realizar o recheo óseo, suturarase a zona quedando parte da superficie do implante exposta ao medio oral, o cal requirirá unhas medidas hixiénicas específicas.

Existen casos máis graves nos que o avance da periimplantite é maior e a indicación para o seu tratamento é a explantación do implante e colocación dun novo, nos casos nos que sexa posible.

Os implantes dentais non están exentos dun mantemento correcto do mesmo xeito que os dentes naturais, polo que é recomendabel que visite ao seu dentista polo menos 2 veces ao ano. Na nosa clínica médico dental podemos levar a cabo este ou calquera tratamento relacionado, xa que os implantes dentais son unha as principais especialidades da nosa clínica. A periimplantite é un problema, pero adoita ter solución.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.