Especialidades

Ortodoncia

Ortondoncia Invisible

Actualmente oímos falar a miúdo da ortodoncia invisible, ¿qué é? Trátase de levar na boca unha serie de aparatos removibles transparentes, que van empurrando os dentes pouco a pouco. Require unha serie de cambios sucesivos, cunha periodicidade determinada, pero tamén a súa eficacia esta limitada a aqueles casos nos que o profesional competente o indicou. Non todo vale para todos.

Os obxectivos da ortodoncia son buscar unha harmonía oclusal entre ambos os dous maxilares para que se poida desenvolver unha boa función mastigadora e unha estética agradable.

O paciente busca só estética e impórtalle pouco se as guías caninas son correctas ou se ten unha mordida cruzada posterior ou ten unha "clase tres". O profesional cualificado, por suposto que pensa na estética pero tamén se preocupa de que a función desa boca sexa adecuada, e debe de informar o paciente que estea interesado de cales son os obxectivos do tratamento antes de empezalo. Recordemos que hai que tratar de poñerse no lugar do paciente e saber que é o que el imaxina dese tratamento. Nós debemos de ser capaces de explicar ata onde podemos chegar con el para non crear falsas expectativas, para iso o diagnóstico cos estudos previos é fundamental.

As técnicas na ortodoncia son múltiples e trátase de individualizar cada caso para poder indicar a máis axeitada para cada paciente. Indiscutiblemente, a ortodoncia fixa clásica coas súas diferentes variantes é a máis eficaz, polo control que supón do torque dos dentes.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.