Especialidades

Próteses dentais

Limitacións

A prótese dental removibel é o tratamento dirixido a substituír dentes ausentes e as estruturas óseas que se van atrofiando ao longo do tempo tras a perda dos primeiros, mediante uns aparellos bucais, portadores de dentes artificiais, que se poden e deben extraer da boca para facilitar a limpeza de ambos, prótese e cavidade oral. Tras un tempo variable de adaptación, estes melloran a mastigación, a estética e a fala. Estas próteses removibeis suxéitanse a algúns dentes naturais mediante dispositivos non ríxidos, denominados reteñedores (coñecidos coloquialmente como «ganchos») e, nalgunhas ocasións, tamén descansan sobre a mucosa das zonas edéntulas.

Por estas razóns, ao morder sobre elas nótase un certo abalo, responsable de que a mastigación non sexa tan eficaz como cos dentes naturais.

Limitacións

  • Co tempo, os dentes naturais remanentes cambian de posición, sobre todo os que son “empuxados” polas próteses e, ademais, o óso sobre o que estes se apoian tamén cambia de forma, co que estes aparellos vanse desadaptando, producindo algunhas molestias, incluso ulceracións, que requiren a adecuación polo dentista e, ao cabo dun tempo variable, a súa substitución por outra prótese nova. Os elementos metálicos, e en menor medida os de acrílico, poden experimentar fracturas co uso. Estas fracturas requiren unha reparación inmediata para evitar posibles problemas causados polas estruturas rotas. En canto á mastigación, as próteses removibeis non son capaces de substituír aos dentes orixinais. A súa capacidade de corte e trituración, así como a forza que podemos exercer sobre este tipo de prótese é menor que a que se pode exercer sobre os nosos dentes. O abalo propio deste tipo de prótese fai que, sobre todo os alimentos que se fragmentan en partículas pequenas e duras (como os froitos secos), poidan introducirse por baixo da dentadura, coas molestias que iso ocasiona.

Adaptación e acostumamento á prótese removibel

  • As próteses removibeis, cando se morde sobre elas, transmiten as forzas da mastigación aos dentes, ás enxivas e ao óso, polo que necesitan un coidado especial no seu período de adaptación, o cal varía segundo os pacientes e as próteses (xeralmente varias semanas). É necesario que o/a portador/a de a prótese teña paciencia e sexa todo o colaborador/a posible durante este período de acostumamento, acudindo á consulta para realizar as adaptacións e correccións que sexan necesarias.
  • O primeiro que se nota é unha sensación de ocupación ou corpo estraño, que normalmente desaparece nunhas semanas. Isto tamén estimula a produción de saliva, situación que se normaliza paulatinamente. Adóitase experimentar unha diminución do sentido do gusto, algo que se recupera tras unhas semanas. A dicción vese alterada, podendo existir problemas á hora de pronunciar algúns sons. Con adestramento específico para aprender a vogalizar as verbas que máis dificultades presenten ao pronuncialas, habitualmente conséguese nunhas poucas semanas. A parte interna das fazulas e a lingua é moi habitual morderllas debido á tendencia para introducilas inconscientemente nos espazos onde faltan dentes, situación esta que en pouco tempo apréndese a evitar. Incluso a sensación de presión sobre os dentes e enxivas que provocan as forzas masticatorias adoita desaparecer en pouco tempo.
Compártao
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental