Actualidade

O Dr. Simón Pardiñas López volve da súa estancia académica en Nova Iorque

Vista del Empire State Building en la ciudad de Nueva YorkO Dr. Pardiñas López termina a súa estancia como Visiting Scholar no departamento de investigación Bluestone da New York University. Durante este últimos catro meses non só estivo involucrado como coordinador e colaborador de varios estudos clínicos, senón que esta estancia permitiulle avanzar nos seus estudos de Tese Doutoral que actualmente realiza na Universidade da Coruña.

Neste tempo traballou co Dr. Ismael Khouly, investigador principal dos proxectos e Director Asociado de Bluestone Center for Clinical Research, e colaborou cos departamentos de Implantoloxía da  NYU xunto co Dr.  Takanori Suzuki e de Cirurxía Oral co Dr.  Huzefa Talib.

 

O Dr. Simón Pardiñas López xunto ao Dr. Takanori SuzukiO Dr. Simón Pardiñas López xunto ao Dr. Ismael KhoulyEsta estancia serviulle ao Dr. Pardiñas López para aprender novas metodoloxías de investigación, coordinación de proxectos e desenvolvemento de ensaios clínicos con pacientes.

Desde a Clínica Médico Dental Pardiñas queremos agradecer a todo o equipo de Bluestone e da NYU a marabillosa acollida e trato recibido, que fixo da súa estancia un verdadeiro valor engadido tanto á carreira profesional como á formación persoal do Dr. Simón Pardiñas.

 
 
 

O absceso dental ou flemón – Causas e tratamento.

O flemón ou absceso dental é un dos problemas dentais máis comúns. Neste post falamos sobre as causas do flemón e os posibles tratamentos.

Ler máis

As cifras da canle dental de Youtube de máis visto do mundo

A canle da Clínica Médico Dental Pardiñas en Youtube xa é a canle de odontoloxía con máis visitas do mundo nesta plataforma. Estas son as cifras deste proxecto.

Ler máis

Presentamos o novo vídeo corporativo de Clínica Pardiñas.

A Clínica Médico Dental Pardiñas lanza un novo vídeo corporativo que recolle a filosofía e a esencia deste centro odontolóxico con máis de 30 anos de traxectoria.

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental