Actualidade

Freddie Mercury e a maloclusión clase II con sobremordida

Representación de Freddie MercuryFreddie Mercury, malogrado cantante e líder da banda de rock Queen, volve estar na fala da xente debido á recentemente estreada película biográfica Bohemian Rhapsody, na cal se narra a historia do lendario grupo musical e da súa figura, un dos máis grandes cantantes do século XX.

Este popular e controvertido personaxe foi obxecto de numerosas imitacións e parodias, nas cales sempre aproveitaron a prominente dentadura que lle caracterizaba. Esta alteración maxilar debíase á chamada maloclusión clase II con sobremordida, provocada no seu caso por catro dentes adicionais no maxilar que provocaron un desprazamento dos seus incisivos.

Representación gráfica de Maloclusión Clase IIMoita xente, incluídos amigos e biógrafos, preguntáronse por qué nunca decidiu tratarse. Rudi Dolezal, documentalista especializado en Mercury, asegura que o cantante tiña medo de que isto afectase á súa característica voz. “Máis espazo na boca significa máis alcance”, é o que di o propio protagonista da película nunha secuencia da mesma.

“Foi difícil cantar, falar e bicar con eles”, afirmou Ramik Malek acerca da prótese que debeu utilizar para encarnar ao cantante na mencionada cinta. “Pero gustoume tanto que, ao final, case me sentía espido se non os tiña postos”.

 

 
Dunha forma ou outra, do que non cabe ningunha dúbida é da meritoria carreira de Freddie Mercury. O seu legado tanto por cantante como por figura pública quedará para a historia, e sempre teremos as súas cancións para seguir gozando del. Aínda que se no voso caso non vos dedicades á música e padecedes algún problema deste tipo, recomendámosvos facer unha visita ao dentista.
 
 

O absceso dental ou flemón – Causas e tratamento.

O flemón ou absceso dental é un dos problemas dentais máis comúns. Neste post falamos sobre as causas do flemón e os posibles tratamentos.

Ler máis

As cifras da canle dental de Youtube de máis visto do mundo

A canle da Clínica Médico Dental Pardiñas en Youtube xa é a canle de odontoloxía con máis visitas do mundo nesta plataforma. Estas son as cifras deste proxecto.

Ler máis

Presentamos o novo vídeo corporativo de Clínica Pardiñas.

A Clínica Médico Dental Pardiñas lanza un novo vídeo corporativo que recolle a filosofía e a esencia deste centro odontolóxico con máis de 30 anos de traxectoria.

Ler máis

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.

Dentalk!

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental