Dende tempos inmemoriais, moito antes da aparición do primeiro cepillo de dentes “moderno” (alá polo século XVIII), cada cultura tiña o seu xeito de coidar a hixiene dental. Un destes métodos, de tradición musulmá, aínda segue funcionando na actualidade. Trátase do uso de miswak, un “cepillo de dentes natural” preparado a través das ramas e as raíces da árbore da Salvadora Pérsica.
A razón do uso do miswak débese ás coñecidas propiedades hixiénicas da súa planta matriz, debido ás numerosas proteínas e substancias inhibidoras da xerminación das que se compón. A árbore da Salvadora Pérsica crece en rexións moi secas, xeralmente inhabitadas, especialmente en África e Asia.
Evidentemente a día de hoxe non hai coidado mellor para a hixiene bucal que o cepillo e a pasta de dentes, pero cremos que é interesante coñecer outros métodos.