Coa chegada de setembro comeza unha nova tempada laboral e, en Clínica Médico Dental Pardiñas, queremos estar preparados. Por iso, aproveitamos o verán para facer unha reforma integral da nosa páxina web, facendo unha serie de cambios que, cremos, poden favorecer a experiencia dos nosos lectores e pacientes.
Deseño renovado
Aínda que isto nótase á vista, un dos principais cambios da web foron unha cuestión de deseño, tanto de imaxe, como na distribución do contido, as cores e a tipografía. O obxectivo principal desta modificación é ofrecer unha navegación máis pracenteira aos nosos visitantes.
100% móbil
Cada día máis usuarios acceden ao contido online a través de dispositivos móbiles, polo que un dos grandes esforzos deste novo desenvolvemento é que se adapte ás diferentes pantallas coas que convivimos na actualidade. Así que, xa poderedes gozar de igual maneira de todo o contido de Clínica Médico Dental Pardiñas tanto desde o móbil, como desde a tablet ou desde o computador.
Novas fotografías
Recentemente realizamos unha nova sesión fotográfica profesional da nosa clínica, recollendo tanto as instalacións, como a nosa tecnoloxía e labor, ademais da Coruña, a cidade onde nos atopamos. Moitas desas imaxes móstranse agora nesta nova web, e farán o propio en futuros artigos do blogue ou en publicacións en redes.
Maior importancia dos vídeos 3D
Desde hai máis de 5 anos, traballamos a fondo o uso de vídeos animados de odontoloxía para divulgar o coñecemento dental, tanto de saúde como de tratamentos, aos nosos pacientes e a toda a nosa comunidade. Desde entón contamos con máis de 55 vídeos diferentes, cada un deles en 12 idiomas. Este traballo posicionounos como un das canles de odontoloxía máisimportantes de Youtube, con cifras de visitas millonarias, e ao cal vos convidamos a subscribirse para estar ao día de todas as novidades. Este exitoso proxecto tamén ten un espazo destacado na nova web, onde os vídeos 3D intercalanse cos distintos contidos.