Actualidade

Presentamos o novo vídeo corporativo de Clínica Pardiñas.

Foi en 1986 cando os doutores José Pardiñas e Carmen López comezaron a súa traxectoria profesional e empezaron a recibir aos seus primeiros pacientes. Hoxe a Clínica Médico Dental Pardiñas é xa unha referencia odontolóxica a nivel local, pero tamén nacional e, mesmo, internacional, pero mantén a esencia e filosofía coa que se abriu hai máis de 30 anos. E sobre esencia e filosofía fala, precisamente, o novo vídeo corporativo da Clínica.


A)     A Coruña e Galicia, as raíces de Clínica Pardiñas:

Gravado polo realizador audiovisual David Tembleque, este vídeo recolle con detalle todo o que se esconde detrás do traballo diario do equipo da clínica. Por unha banda, remarca a importancia da Coruña e Galicia no seu desenvolvemento profesional e persoal.



B)     Os pacientes e o seu benestar diario:

Por outro, a peza pon o foco nos pacientes e o seu benestar diario, un benestar recolleito en sentimentos, emocións e accións tan importantes na nosa vida como bicar, comer, sorrir, cantar ou falar, todos eles relacionados coa boca. O traballo dos profesionais que integran o equipo é coidar e devolver eses sentidos que pertencen á boca.



C)     A odontoloxía, un oficio de artesáns:

Por último, o vídeo destaca o labor artesán que hai no desempeño desta profesión, apoiándose nunha cita do Papa  Pio  XII: “A odontoloxía é unha profesión que require dos que a ela se adican o sentido estético dun artista, a destreza manual dun cirurxián, os coñecementos científicos dun médico e a paciencia dun monxe”.



Desta maneira, en menos de dous minutos resúmese e recolle esa esencia que camiñou xunto a nós durante estas máis de tres décadas de traxectoria. Tres décadas nas que a nosa máxima foi sempre facervos sorrir polo menos tanto como nos facedes sorrir vós. Grazas pola vosa confianza. 

Compártao

Todo sobre as incrustaciones dentais

As incrustaciones dentais son unha alternativa terapéutica para restaurar dentes que sufriron unha gran destrución.

Ler máis

Na Clínica Pardiñas buscamos o mellor sorriso da Coruña

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

Ler máis
boca seca causas

Boca seca ou xerostomía - Causas e tratamento

A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Neste post falamos sobre as causas da secura de boca e o seu tratamento.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental