Blog

Premio Fundación Clínica Pardiñas 2016-2017

15-07-2016
Comeza unha nova edición do Premio Fundación Clínica Pardiñas que recoñecerá ao mellor xogador do Deportivo da Coruña ao longo da tempada.
Comeza unha nova edición do Premio Fundación Clínica Pardiñas que recoñecerá ao mellor xogador do Deportivo da Coruña ao longo da tempada.

Fundación Clínica Pardiñas, en colaboración coa web Riazor.org, entregarán o premio ao mellor xogador do Deportivo da Coruña ao longo da tempada 16-17. O futbolista premiado será aquel que recibise máis votos no citado foro ao termo da liga.

A mecánica do trofeo é sinxela: o día seguinte á finalización de cada partido ligueiro, os usuarios de Riazor.org poderán repartir ata 6 puntos entre 3 xogadores do Depor, cun máximo de 3 puntos para o deportivista máis destacado da xornada. A votación pecharase 3 días despois da súa apertura.

Ao termo da presente tempada, o xogador que máis votos acumulase será o gañador do Premio Fundación Clínica Pardiñas. En caso de empate a puntos, premiarase ao futbolista que fose votado en máis xornadas diferentes.

Ademais de participar na votación, todo o que queira poderá doar un euro ao labor de Fundación Clínica Pardiñas e entrará no sorteo de material deportivo asinado polos xogadores do clube coruñés. Con este donativo axúdase a que Fundación Clínica Pardiñas pode ofrecer tratamentos odontolóxicos a familias galegas sen recursos.

Lembramos que Fundación Clínica Pardiñas patrocinou este premio por segundo ano consecutivo. Na tempada anterior, o dianteiro coruñés Lucas Pérez foi o xogador premiado ao ser o futbolista con máis votos acumulados ao termo da liga. A entrega do galardón realizouse na sede da nosa Fundación.

Te puede interesar…