Blog

Unha Carie Con 14000 Anos De Vida

30-07-2015
Localizado un dente con carie na dentadura dun esqueleto con 14000 anos de historia
Localizado un dente con carie na dentadura dun esqueleto con 14000 anos de historia

A carie, unha das enfermidades dentais máis frecuentes na actualidade, xa era un problema hai máis de 14000 anos. Polo menos así o confirmaron un grupo de investigadores europeos na revista Scientific Reports, tras encontrar unha carie na dentadura dun esqueleto con máis de 140 séculos nos seus ósos.

O máis curioso é que a carie localizada no suxeito investigado fora tratada por medio de algo parecido a unha endodoncia. A endodoncia é o proceso actualmente utilizado para o tratamento desta enfermidade e consiste en tapar o oco no dente cun material especial. Naquel tempo, evidentemente, non dispoñían da devandita tecnoloxía así que tapaban o burato dental utilizando anacos de minerais como o sílex.

Por sorte o mundo avanza e se este é o teu problema, en Clínica Pardiñas podemos solucionarcho se necesidade de meterte pedras nos dentes.

Noticia orixinal: Medical Express

Te puede interesar…