Primeira visita

Ofrecerlle unha odontoloxía de alta calidade a través dunha relación de confianza

Ese é o noso compromiso e, para iso, debemos partir dunha boa información previa, co obxectivo de establecer un bo diagnóstico.
Este punto é especialmente importante, xa que é fundamental para nós non darlle falsas expectativas.
Asímesmo seguimos un proceso rigoroso durante a súa primeira visita á nosa clínica.

1

Cuestionario previoFiliación e antecedentes

Este cuestionario con datos de filiación e antecedentes seralle proporcionado en recepción, e é fundamental para descartar posibles enfermidades ou alerxias.

2

DiagnósticoExame oral, radiografías e fotografías

Os doutores faranlle un exame oral minucioso dos dentes, enxivas e resto de partes brandas da cavidade oral.

Tomaranse as radiografías e fotografías necesarias para o diagnóstico e a planificación do tratamento.

Todo isto achéganos uns datos básicos e imprescindibles para poder realizar un orzamento o máis axustado posible.

Nos casos onde se detecte unha enfermidade periodontal (piorrea), en rehabilitacións complexas, en ortodoncias ou en traballos de alta estética, é obrigatorio realizar un estudo específico previo para poder enfocar o tratamento coas mellores garantías de éxito.

3

OrzamentoEstimación do tratamento

En función dos datos obtidos cos estudos dos casos anteriores emitirase sempre un orzamento (con diferentes alternativas se procede) que o paciente ou titor deberá asinar se é aceptado.

4

Firma do orzamentoProtección legal e consentimento do paciente

Acorde á Lei 14/1986, de 25 de abril, Lei Xeral de Sanidade, no seu art. 10.6 asinarase un consentimento informado ante cada tratamento.

A Lei 14/1986, de 25 de abril, Lei Xeral de Sanidade, no seu art. 10.6 establece como dereito do paciente: “A libre elección entre as opcións que lle presente o responsable médico do seu caso, sendo preciso o previo consentimento do usuario para a realización de calquera intervención...”

Pola súa parte a Comunidade Autónoma de Galicia na Lei 3/2001, de 28 de maio, di no seu art. 3.1: “Para os efectos de esta lei, enténdese por consentimento informado a conformidade expresa do paciente, manifestada por escrito, después da obtención dunha información axustada, para a realización dun procedemento diagnóstico ou terapéutico que afecte á súa persoa e que comporte riscos importantes, notorios ou considerables”. Destes dous preceptos, despréndese a obrigatoriedade do consentimento do paciente para todo tipo de intervencións, despois dunha información persoal suficiente; este consentimento deberá prestarse por escrito.

Se durante o tratamento xorde algunha incidencia que nos obrigue a cambiar o plan director en beneficio do resultado final informaráselle oportunamente.

Durante o tratamento

Se durante o tratamento xorde algunha incidencia que nos obrigue a cambiar o plan director en beneficio do resultado final, informaráselle oportunamente.
Pretendemos acercarnos á excelencia, e para iso temos controis de calidade internos e externos:

  • Os internos incumben ao noso bo facer profesional: control de esterilización, uso do instrumental adecuado, materiais excelentes, técnicas contrastadas, en definitiva, o que vostede non pode avaliar directamente
  • Os externos, o que vostede pode analizar obxectivamente: trato, tempos de espera, hixiene, confort no tratamiento, etc.

Síganos

Na nosa canle de Youtube, segunda canle de odontoloxía a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 12 idiomas diferentes.