Actualidade

O sangrado de enxivas

O sangrado de enxivas é outra das afeccións dentais máis comúns. Un sangrado pequeno e moi esporádico non debería ser razón para preocuparse, aínda que se se dá con frecuencia ou en cantidades excesivas recoméndase pedir unha cita médica.

Causas do sangrado de enxivas:

Hai varias razóns polas que as súas enxivas poderían sangrar, aínda que non todas son igual de preocupantes.

a) A xenxivite e periodontite:

Nalgúns casos, o sangrado das enxivas pode ser un signo de periodontite ou xenxivite, a etapa temperá da enfermidade periodontal. Se as súas enxivas sangran facilmente cando se cepilla, fale co seu dentista acerca da súa saúde bucal: a xenxivite é reversible e prevenible.


b) A hixiene dental:

Se empezou a utilizar o fío dental, as enxivas poden sangrar ao principio a medida que se afán a esa limpeza entre os dentes. Isto xeralmente desaparece por si só en aproximadamente unha semana. Tamén poden sangrar un pouco ao cepillarse, sobre todo se o fai con máis intensidade da recomendada e cun cepillo excesivamente duro.


c) O embarazo:

Algunhas mulleres embarazadas desenvolven unha afección coñecida como "xenxivite xestacional", unha inflamación das enxivas debido a cambios hormonais que pode causar hinchazón, sensibilidade e, con todo iso, sangrado de enxivas.

d) Os anticoagulantes:

Se toma anticoagulantes, estes medicamentos poden facer que as enxivas sangren. Comuníquese co seu médico se o sangrado non se detén rapidamente.



Sángranme as enxivas, que podo facer?

Unha vez presentadas e expostas as diferentes causas do sangrado de enxivas, parece lóxico pensar que o tratamento deste problema dependerá do motivo que a estea orixinando. 

  1. Se as enxivas sangran por unha xenxivite ou periodontite, a solución pasa por visitar ao odontólogo, quen lle realizará un tratamento específico para esta cada fase da enfermidade periodontal. Este procedemento implicará, xeralmente, a realización de curetaxes e/ou detartraxes, un tipo de limpezas específicas para pacientes con esta sintomatoloxía.

  2. Se a hixiene dental é a causa do sangrado de enxivas, habería que procurar lavarse os dentes con máis suavidade e mellorando a técnica. Se o motivo foi empezar a usar fío dental, entón haberá que esperar uns días a que a enxiva se afaga. No caso de que o problema persista, recoméndase visitar ao dentista canto antes.

  3. Se o uso de medicamentos anticoagulantes están a derivar nun sangrado excesivo de enxivas, convén comentalo co seu médico de cabeceira para buscar algunha alternativa.

  4. Para evitar ou controlar os sangrados de enxiva durante o embarazo, suxírese extremar a hixiene dental durante este período e visitar ao dentista cunha maior frecuencia.

Estas son algunhas das causas e tratamentos máis frecuentes do sangrado de enxivas. Como dicimos, un sangrado suave e esporádico non debería preocuparlle, pero se as súas enxivas sangran en exceso é importante que visite ao seu dentista, podería ser un sinal dalgún problema máis grave.

Compártao

A Candidiase oral - Causas e tratamento

A candidiase oral é unha infección causada polo fungo Candida albicans. Neste post falamos das causas da candidiase na boca e dos posibles tratamentos.

Ler máis

Chagas na boca - Que é un afta bucal, que a causa e cómo tratala

As chagas na boca son un dos problemas orais máis frecuentes. Neste post explicamos por que se producen as aftas bucais e como podemos solucionalo.

Ler máis

O sangrado de enxivas

Por que sangran as enxivas?, como podo solucionar este problema? Neste post de Clínica Médico Dental Pardiñas falamos do sangrado de enxivas.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía con máis visitas a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 55 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes.

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental