Blog

We Are Looking For The Best Smile In A Coruña At Clínica Pardiñas

12-04-2024
At Clínica Pardiñas we are going to choose and reward the best smiles in A Coruña. Here we tell you how to participate in this contest.

Na Clínica Pardiñas imos escoller e premiar os mellores sorrisos da Coruña. Aquí vos contamos cómo participar neste concurso.

35 anos coidando do teu sorriso

Na Clínica Médico Dental Pardiñas levamos máis de 35 anos coidando a saúde bucodental de moitos coruñeses e queremos seguir facéndoo. Por este motivo, nos últimos meses comezamos a traballar na renovación da nosa clínica coa idea de poder ofrecervos un espazo novo e aínda máis completo ao pé da rúa Real, en pleno corazón  da Coruña. Pero mentres os compañeiros de Desarrolla están mans á obra coa remodelación queremos seguir vendo os teus mellores sorrisos.

Como participar no concurso

Por iso, se pasas polas nosas instalacións da Rúa Real 66, verás que colocamos un vinilo no escaparate animando a participar nun concurso para atopar o mellor sorriso da Coruña. A dinámica é sinxela, só tes que faceros unha foto xunto á moa do vinilo e subila a Instagram etiquetando a @clinicapardinas e @desarrolla_. Entre todos os participantes, os mellores terán premios: abonos para a próxima tempada do Dépor, material deportivo do clube, entradas para espectáculos, etc. A resolución do concurso coincidirá coa estrea do novo espazo nos próximos meses.

Dámoslle unha volta

Este concurso non é máis que un pequeno xogo dentro do cambio que vai vivir a nosa clínica dental este ano. Baixo o lema “Dámoslle unha volta”, non só se incluirá esta modificación de instalacións, senón tamén outra serie de iniciativas que vos presentaremos no seu momento. Pero ata que non chegue, seguiremos atendendo con total normalidade no noso espazo habitual no terceiro andar da rúa Real 66. Agardámoste!

Te puede interesar…