A Clínica
Equipo
Instalacións
Tecnoloxía e innovación
CER. CALIDADE ISO AENOR
Asesoramento
Honestidade e compromiso
Financiamento personalizado
Seguridade e medio ambiente
Equipo humano con asesoramento honesto e ética profesional
Todo o equipo de profesionais está ao seu disposición para proporcionarlle a mellor atención odontolóxica, sempre dunha maneira personalizada.
O verdadeiro valor engadido da Clínica reside nos profesionais que a integran. Todos eles son especialistas no seu campo e fórmanse de maneira continuada para estar sempre ao día e poder garantir o mellor servizo a cada paciente. Entendemos que cada paciente de ser tratado como un caso particular e, por iso, o noso equipo dedícalle o tempo necesario, tanto no diagnóstico como na aplicación do tratamento. Ademáis, a calidez e a proximidade no trato son aspectos prioritarios na nosa Clínica.

Dr. Simón Pardiñas López
Odontólogo
Implantoloxía, Periodoncia e Ciruxía Oral

Dra. Carmen López Prieto
Médico e Odontóloga
Ortodoncia, Prótesis e Estética Dental

Dr. José Pardiñas Arias
Médico estomatólogo
Implantoloxía e Prótese

Dr. Sonia Liste Grela
Odontóloga
Prótese e Estética Dental

Dra. Candela Serrano
Odontóloga
Odontopediatría

Dra. Noelia Mariño
Odontóloga
Especialista en Endodoncia

Dra. Daniela Sanches
Odontóloga
Ortodoncista

Dra. Elsa González
Odontóloga
Odontoloxía Estética e Conservadora, Cirurxía Oral

Dra. Alejandro Davila Fariñas
Subdirector Administrativo
I+D+I

Isabel Fontanes
Coordinadora de pacientes
Hixienista Bucodental
6 gabinetes especializados

Odontoloxía xeral

Estética dental e ortodoncia

Exploración e diagnóstico

Profilaxe e análise de saliva

Cirúrxico

Estética facial
Tecnoloxía e Innovación
Un dos nosos obxectivos é ofrecer aos nosos pacientes os últimos avances en tratamentos. Con iso conseguimos non só un maior confort e satisfacción do paciente, senón tamén lograr a excelencia nos nosos tratamentos. Destaca desde 1989 o uso pioneiro de implantes dentais en Galicia e técnicas de rexeneración ósea. De recente incorporación é o diagnóstico craneofacial en 3D que nos permite realizar unha análise exhaustiva de todos os tecidos. A tecnoloxía non parou de evolucionar, e a Clínica sempre se mantivo á vangarda en favor do paciente.
Na nosa canle de YouTube con vídeos de tratamentos en 3D poderá visualizar dunha maneira sinxela e clara cómo é o proceso de máis de 50 tratamentos dentais comúns.
EN BRANCO
CBCT
Serve para realizar un escáner en 3D completo dos maxilares, de gran utilidade en estudos de implantes, ortodoncia ou moas do xuízo entre outros.
Radiovisiografía
É o noso sistema de radiografías dixitalizadas. Unha vez realizada a radiografía, visualízase de inmediato en pantalla podendo ampliala ou contrastar a imaxe, segundo as necesidades de cada caso.
Sistema informatizado
As fichas do paciente con todos os seus datos clínicos están introducidos nun programa de computador conectado en rede entre todos os gabinetes, os despachos e a recepción. Isto garante que dispoñamos en todo momento da máxima información sobre os nosos pacientes coa máxima seguridade e confidencialidade. Cumprimos a Lei de Protección de Datos.
Cámara intraoral
Con ela podemos ensinarlle a súa boca polos sitios máis escondidos. Poderá visualizar dunha forma clara carie, lesións nos tecidos brandos e calquera patoloxía superficial.
Láser
Os distintos tipos de láseres axúdannos en moitos tratamentos orais, desde cirurxías da boca, pasando por empastes, endodoncias, etc. realizando os tratamentos máis limpos e indoloros.
Centrífugas
Con elas obtemos os factores de crecemento para a rexeneración ósea co sangue do propio paciente dunha maneira moi sinxela e rápida (PRGF).
Lentes de realidade virtual
Queremos estar sempre á vangarda en tecnoloxía para comodidade do paciente. Por iso poñemos á súa disposición unhas lentes de realidade virtual nas cales poderá gozar das súas películas, series ou videoclips preferidos durante o seu tratamento dental. Basta con conectar ás lentes o seu dispositivo móbil no que vostede teña a película ou o programa elixido para comezar a visualizalo.
Impresións dixitais
Introducimos unha nova forma de toma de impresión sen ningún tipo de material que realiza este traballo de forma dixital e ao instante. Trátase dunha forma máis precisa, eficiente e de alta calidade que evita a necesidade de citas adicionais e o desagradable sabor para o tratamento con resultados clínicos de alta calidade. Este escáner permite ao dentista crear unha impresión dixital 3D final baseada en datos reais no momento no que se realiza a impresión. Ademais, tanto o especialista como o paciente poden ver o resultado en directo. Con este novo aparello, a Clínica Médico Dental Pardiñas aumenta a comodidade dos seus pacientes evitando falsos resultados por alteración do material e permitindo aos especialistas e laboratorios realizar o seu traballo da forma máis rápida.
Detector de lesións orais
A nosa clínica é o primeiro centro en Galicia que conta cun dispositivo innovador que axuda aos profesionais dentais a detectar posibles lesións canceríxenas na boca, lingua, beizos e garganta. Debido a que os signos e síntomas de cancro oral a miúdo non poden ser detectados a primeira ollada, este dipositivo permítenos facer precisamente iso, identificar os cambios na boca que poden ser un signo de algo máis grave. Esta análise coa tecnoloxía Identafi é totalmente indoloro e realízase en escasos minutos para comprobar se existe calquera problema que poida afectar á saúde oral.
Deseño dixital do sorriso
Na Clínica Médico Dental Pardiñas usamos a última tecnoloxía para simular, deseñar, planificar e presentar os tratamentos estéticos. Con este novo sistema podemos explicarlle e ver en tempo real unha simulación do seu tratamento, visualizando claramente o antes e o despois programado. Podemos simular un recorte enxiva, realizar enxertos, perfeccionar bordos incisais, reconstruír e substituír dentes, definir superficies dentais e tons a branquear. Así mesmo esta ferramenta permítenos debuxar, colocar implantes, coroas, óso, membrana etc. Tamén podemos compartir todas as simulacións co paciente mediante correo electrónico.
Certificado de Calidad ISO 9001-2000 (ER-1672/2003) – AENOR
Primera clínica de Galicia en obter a ISO 9001, e a terceira de España en obter o certificado AENOR
Pretendemos acercarnos á excelencia, e para iso temos controis de calidade internos e externos.Os internos incumben ao noso bo facer profesional: control de esterilización, uso do instrumental adecuado, materiais excelentes, técnicas contrastadas, en definitiva, o que vostede non pode avaliar. Os externos, o que vostede pode analizar obxectivamente: trato, tempos de espera, hixiene, confort no tratamiento, etc.
Unha auditoría independente confirma que a Clínica Médico Dental Pardiñas é a primeira en Galicia que cumpre os máis altos estándares de calidade. O proceso, comezado en 2002 e que concluíu en 2003, representa un respaldo internacional de primeira liña ao noso proceso asistencial e, ao mesmo tempo, ratifica os obxectivos elixidos pola Clínica desde as súas orixes: compromiso coa calidade, satisfacción do cliente e mellora continua. A Clínica Médico Dental Pardiñas é agora un referente para todas as clínicas e pacientes que busquen a calidade en Galicia.
Estudo Dental – Asesoramento
A Clínica Médico Dental Pardiñas creou esta sección de información e estudo dental dentro da propia Clínica para facilitar información de primeira man sen custo algún para vostede sobre implantes dentais, periodoncia, ortodoncia, estética dental y prótesis.
Só terá que chamar ao teléfono 881 927 201 para concertar unha cita e será informado detalladamente pola nosa responsable de atención ao paciente, a Srta. Isabel Fontanes Mourelle, sobre as posibilidades restauradoras da súa boca así como dos custos do tratamento e das probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

¿O estudo de implantes, periodoncia, estética dental e ortodoncia é gratis?
Non. Facer un estudo require un diagnóstico previo para enfocar despois o tratamento oportuno coas mellores garantías de éxito. Un estudo implica, ademais da exploración clínica, unha serie de probas complementarias como son radiografías panorámicas, escáner en 3d, modelos de estudo, férulas, encerados, fotografías, etc. É evidente que todo isto ten uns custos que debe asumir o paciente. Facer un diagnóstico nunca pode ser gratuíto posto que é a parte máis importante de calquera acto médico.
Entón, ¿Cal é a información sen custo?
Ao paciente asesóraselle persoalmente, sen ningún tipo de compromiso, e explícaselle en que consisten os tratamentos, que tipos de implantes existen, como son as distintas fases, canto tempo levan os tratamentos, como é o post-operatorio, cales son os distintos tipos de próteses, como funciona un branqueamento dental, etc. E por suposto, os custos orientativos do tratamento e dos estudos previos.
Todo isto dunha maneira didáctica, “tocando” e “vendo” todos os compoñentes. En definitiva, resólvenselle ao paciente todas as posibles dúbidas que poida ter.
Honestidade e compromiso
Os tratamentos odontolóxicos non están exentos de complicacións derivadas do uso mecánico das restauracións ou procesos infecciosos. O prognóstico dos tratamentos que realizamos é xeralmente moi bo e a porcentaxe de complicacións é menor dun 5%. Non escatimamos en esforzos para proporcionarlle o mellor tratamento e de máxima calidade que as súas circunstancias bucais poidan permitir. Cando unha complicación preséntase a curto prazo (ata 1 ano), non se adoitan cobrar honorarios adicionais. Nembargantes, nun enfoque serio da actividade médica non se pode falar de garantías, que doutra banda son tan frecuentes como enganosas.
Financiamento personalizado
Ofrecemos aos nosos pacientes diferentes opcións de financiamento e pagamentos

Taxas fixas mensuais
É a nosa fórmula máis cómoda, escolle unha taxa mensual fixa e xestionámola a través do seu banco. En 3, 6, 10, 12 e 24 meses SEN GASTOS nin INTERESES.

5% de desconto ao realizar un pagamento anticipado único
Ofrecemos un desconto do 5% ao realizar un pagamento único ao comezo, logo o pago.

Pagamentos diarios por acto médico e visitas
Vostede paga en cada visita, o trato que fixemos. Xa sexa en efectivo, con tarxeta de crédito ou por transferencia.

Tarxetas de crédito ABANCA
Aprazamos os seus pagamentos coa tarxeta de crédito que Abanca ofrece aos seus clientes. Ata 12 meses sen xuros.
Seguridade e medio ambiente
Seguridade Radiolóxica
A máis alta prioridade da Clínica Médico Dental Pardiñas é asegurarnos de que vostede, como paciente, e o noso equipo estean nun ambiente seguro e agradable. E cremos que esta seguridade debe axudar a protexer ao medio ambiente.
Utilizamos radioloxía dixital ( RVG) que está informatizada e non é necesario o uso de película nin o seu revelado. Os nosos equipos son calibrados e analizados de forma regular. As paredes onde está o CBCT están forradas con chumbo para previr calquera exposición innecesaria a raios X do noso persoal e os nosos pacientes.
Esterilización
Todos os instrumentos dentais non desechables son esterilizados en autoclaves de última xeración tras cada uso, previa desinfección en ultrasóns, lavado, secado e embolsado. Comprobamos os nosos esterilizadore de maneira regular para asegurarnos de que están a funcionar de maneira apropiada; facemos controis físicos, químicos e biolóxicos, ademais do calibrado xornal.
Todas as superficies horizontais nas zonas de traballo son desinfectadas tras cada paciente, usando produtos efectivos respectuosos co medio ambiente.
A nosa clínica está equipada cun sistema de aire acondicionado que substitúe todo o aire cada hora, filtrando cada partícula superior a unha micra.
Todas as fontes de auga nas zonas de traballo dispoñen de filtros específicos e analízanse de maneira periódica.
Traballe connosco
Na Clínica Médico Dental Pardiñas contamos con máis de 30 anos de experiencia e día a día seguimos en continúo crecemento, por iso buscamos aos mellores profesionais.
Se o desexa pode enviarnos o seu currículo ao seguinte email pra que sexa tido en conta en futuras incorporacións: