Aviso legal, Política de Privacidade e Cookies
1. Aviso legal
En cumprimento do artigo 10.1 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI), indícanse os datos identificativos do titular:
- Responsable: PARDIÑAS LÓPEZ, S.L. (en adiante, “CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS”
- NIF:B70073200
- Domicilio social: Rúa Real, 66 baixo, 15003 A Coruña (A Coruña)
- Datos rexistrales: Rexistro Mercantil da Coruña T 3143, F 209, S 8, H C 39956, I/A 3
- Correo electrónico de contacto: clinicapardinas@clinicapardinas.com
- Páxina web: www.clinicapardinas.com
2. Política de Privacidade
Mediante a presente Política de Privacidade, o usuario queda informado dunha forma clara, precisa e concisa. Se o usuario a acepta, dará o seu consentimento dunha forma libre, informada, específica e inequívoca para que CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS trate os seus datos persoais conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 relativo á protección das persoas físicas en canto ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación dos mesmos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) (legislación europea e nacional vixente sobre materia de protección de datos).
| Responsable do tratamento | CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS |
| Finalidades do tratamento | Resposta a consultas e dúbidas, prestación do servizo e posible envío de información sobre os servizos ofrecidos. |
| Lexitimidade | Consentimento do interesado (artigo 6.1.a do RGPD). Relación contractual co interesado (artigo 6.1.b do RGPD). |
| Destinatarios |
Non se cederán datos a terceiros. Poderán ter acceso: Administración Tributaria, Bancos e entidades financeiras, Forzas e Corpos de Seguridade, Encargados do Tratamento necesarios para a prestación do servizo. |
| Dereitos e información adicional | Permítese o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación ou supresión, entre outros. Toda a información está accesible na información detallada desta política de privacidade. |
2.2 Información detallada sobre protección de datos
2.2.1 Quen é o responsable do tratamento?
Os datos identificativos do Responsable do Tratamento aparecen no apartado 1.
2.2.2 Que información recollemos e procesamos do usuario a través da páxina web?
Os datos que se recollen refírense á categoría de datos identificativos, como poden ser: Nome e Apelidos, Teléfono, Dirección Postal, Correo electrónico, así como a dirección IP desde onde accede ao formulario de recollida de datos.
A través do formulario de Contacto, Cita presencial e Cita en liña
Na nosa páxina web, o usuario atopará a opción de escribirnos para aclarar todas as dúbidas que teña en relación co funcionamento dos nosos servizos ou calquera outra cousa que necesite. Para responder, contactaremos co usuario a través do correo electrónico ou número de teléfono se no lo indicou. Tamén verá as opcións de pedir cita presencial e cita en liña onde pediremos a información para poder xestionar adecuadamente a cita correspondente.
A través do noso correo electrónico corporativo
A través do noso correo electrónico clinicapardinas@clinicapardinas.com, o usuario poderá escribirnos e/ou requirir a información que considere necesaria para aclarar as dúbidas relacionadas cos nosos servizos.
2.2.3 Con que finalidade tratamos os datos persoais do usuario?
CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS realiza un tratamento de datos persoais coas finalidades que se expoñen a continuación en función do motivo polo que foran facilitados:
- Levar a cabo a prestación dos servizos contratados, o mantemento da relación contractual e o seguimento da mesma.
- Contactar, tramitar, xestionar e dar resposta á petición, solicitude, incidencia ou consulta do usuario (sexan a través de correo electrónico, formulario de contacto ou teléfono).
- Xestionar o proceso de compra do cliente e calquera consulta asociada aos servizos contratados.
- Xestionar, se é o caso, o envío de información sobre servizos e novidades asociadas a CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS por medios electrónicos e/ou convencionais.
2.2.4 Cal é a lexitimidade do tratamento dos datos do usuario?
-
A base legal para o tratamento dos seus datos persoais para as finalidades expostas no apartado anterior é a execución da prestación do servizo correspondente e é unha obriga imperativa para iso tal e como establece o artigo 6.1b) do RGPD.
-
En canto ao envío de información sobre servizos e novidades asociadas a CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS, a base legal para o tratamento dos datos persoais facilitados é o consentimento que otorga o usuario de forma expresa tal e como establece o artigo 6.1a) do RGPD.
2.2.5 Durante canto tempo se trataran os datos do usuario?
Os datos relativos a prestacións sanitarias durante un prazo mínimo de 5 anos a contar desde a última prestación asistencial en cumprimento da Lei 41/2002.
- As facturas durante un prazo mínimo de 10 anos segundo o Código Penal, Normativa contable, tributaria, Código de Comercio, Normativa IVA, LIS, etc.
- Os datos utilizados para fins comerciais e publicitarios mentres dure o tratamento.
- Durante un prazo mínimo de 5 anos a contar desde a última prestación asistencial en cumprimento da Lei 41/2002.
- As receitas en papel conservaranse entre 3 meses e 5 anos segundo o tipo de receita segundo RD1718/2010 e RD1675/2012.
- As receitas electrónicas unicamente durante o tempo requirido para realizar a dispensación.
- Os datos utilizados para recordatorios de vacinas, fins comerciais e publicitarios mentres dure o tratamento.
- Os datos utilizados para o envío de circulares e recordatorios de caducidades de permisos e/ou licenzas mentres dure o tratamento.
- Durante un prazo mínimo de 10 anos o contido dos informes emitidos, incluídos os ditames dos facultativos médicos e psicólogos que interviñeron no recoñecemento, os informes complementarios que se presentaron para a correcta elaboración da proba psicofísica segundo o RD170/2010.
- Os datos para a xestión da relación co cliente e a facturación e cobro dos servizos serán conservados durante todo o tempo en que o contrato estea vixente. Unha vez finalizada dita relación, os datos poderán ser conservados durante o tempo esixido pola lexislación aplicable e ata que prescrición das eventuais responsabilidades derivadas do contrato.
- Os datos para a xestión de consultas e solicitudes conservaranse durante o tempo necesario para dar resposta ás mesmas e, se é o caso, mentres o interesado non solicite a retirada do seu consentimento para enviarlle información relacionada coa súa consulta.
- Os datos para o envío de información asociada aos produtos ou servizos de CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS serán conservados mentres o usuario non revogue o seu consentimento.
- Os datos de Curriculum Vitae do candidato para procesos de selección serán conservados como máximo durante dous anos.
2.2.6 A qué destinatarios se comunicarán os datos persoais do usuario?
Como regra xeral, os seus datos non serán cedidos a terceiros salvo que exista unha obriga legal ou sexa necesario para levar a cabo a prestación do servizo. Tendo isto en conta:
- Os datos persoais do usuario poderían ser comunicados ás entidades financeiras a través das cales se articule a xestión de cobros e pagos cando proceda.
- Únicamente en casos necesarios legalmente os datos serán comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade.
- Tamén poderían ser comunicados ás Administracións Públicas competentes nos casos previstos pola lei.
- Se é o caso, tamén serán comunicados aos Encargados do Tratamento de CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS para a correcta prestación do servizo.
2.2.7 Cales son os dereitos do usuario?
A normativa en materia de protección de datos permite que poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos, e oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos cando proceda.
Estes dereitos caracterízanse polo seguinte:
- O seu exercicio é gratuíto salvo que se trate de solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas (por exemplo, carácter repetitivo), nese caso, CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS poderá cobrar unha taxa proporcional aos custos administrativos soportados ou negarse a actuar.
- Pode exercer os dereitos directamente ou por medio do seu representante legal ou voluntario.
- Debemos responder á súa solicitude no prazo dun mes, aínda que tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes, o prazo pode prorrogarse en outros dous meses máis.
- Temos a obriga de informarlle sobre os medios para exercitar estes dereitos, os cales deben ser accesibles e non poder denegarlle o exercicio do dereito polo só motivo de optar por outro medio. Se a solicitude se presenta por medios electrónicos, a información facilitarase por estes medios cando sexa posible, salvo que nos solicite que sexa doutro modo.
- Se CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS non dá curso á solicitude, informará ao máis tardar nun mes das razóns da súa non actuación e a posibilidade de reclamar ante unha Autoridade de Control.
Co fin de facilitar o exercicio dos seus dereitos, facilitamos as ligazóns ao formulario de solicitude de cada un dos dereitos:
- Formulario de exercicio do dereito de acceso
- Formulario de exercicio do dereito de rectificación
- Formulario de exercicio do dereito de oposición
- Formulario de exercicio do dereito de supresión (dereito “ao esquecemento”)
- Formulario de exercicio do dereito á limitación do tratamento
- Formulario de exercicio do dereito á portabilidade
- Formulario de exercicio a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas
Para exercer os seus dereitos, CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS pon á súa disposición os seguintes medios:
1. Mediante solicitude escrita e asinada dirixida a CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS. Ref. Exercicio de Dereitos LOPD.
2. Enviando o formulario escaneado e asinado ao enderezo de correo electrónico dpd@apdtic.com indicando no asunto Exercicio de Dereitos LOPD.
En ambos casos deberá acreditar a súa identidade acompañando fotocopia ou, no seu caso, copia escaneada do seu DNI ou documento equivalente para poder verificar que só damos resposta ao interesado ou ao seu representante legal, que deberá achegar neste caso documento acreditativo da representación.
Así mesmo, e especialmente se considera que non obtivo satisfacción plena no exercicio dos seus dereitos, informámoslle que poderá presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control dirixíndose a estes efectos á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) C/ Jorge Juan 6 – 28001 Madrid (www.aepd.es).
2.2.8 Que medidas de seguridade tenemos implementadas?
En CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS comprometémonos a protexer a súa información persoal.
Utilizamos medidas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico razoablemente fiables e efectivos orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e garantir a súa privacidade.
Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas en relación cos tratamentos dos datos persoais.
Nos contratos que asinamos cos nosos provedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tiveran acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade,
dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.
Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.
Non obstante, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable, polo que no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha brecha de seguridade, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, se é o caso, a aqueles usuarios que puideran verse afectados para que tomen as medidas adecuadas.
2.2.9 Política en redes sociais
CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS dispón dun perfil corporativo nas redes sociais de Facebook, Instagram, Twitter e Google.
Polo tanto, CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS é o “Responsable do tratamento dos teus datos” en virtude da existencia de ditos perfís nas redes sociais e ante o feito de que o usuario nos siga e en virtude diso tamén lle podamos seguir.
O anterior significa que se o usuario decide unirse ao noso perfil corporativo como un seguidor ou dando un “Like” ou un “Gústame” aos nosos contidos ou perfil, acepta a presente política onde explicamos os seus dereitos e como utilizamos os seus datos. En calidade de responsable do tratamento dos teus datos, garantimos a confidencialidade no tratamento e o cumprimento dos dereitos do usuario sempre baixo os efectos da normativa vixente sobre protección de datos. Doutra parte, informamos que utilizaremos estas redes sociais para anunciar as novas ou información relevante relacionada cos servizos que ofrecemos ou sobre temas que consideremos que sexan de interese do usuario. Usando as funcionalidades de ditas plataformas é posible que o usuario reciba no seu muro ou no seu perfil novas con este tipo de información. Agora ben, tamén informamos de que non existe ningún vínculo entre CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS e ditas plataformas ou redes sociais, polo que o usuario acepta a súa política de uso e condicións unha vez accede ás mesmas e/ou valida os seus avisos e termos e condicións no procedemento de rexistro, non sendo responsable CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS do uso ou tratamento dos datos do usuario que se faga fóra da estrita relación e prestación de servizos indicados nesta política.
3. Propiedade intelectual e industrial
Advertímoslle que CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS é titular de todos os dereitos da propiedade intelectual e industrial da páxina web así como todos os seus elementos (a título enunciativo: imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.).
A páxina web de CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS contén textos que pretenden informar aos seus usuarios. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso a CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS.
5. Modificacións no texto legal
CLÍNICA DENTAL PARDIÑAS poderá modificar este texto legal de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. En todo caso, calquera modificación considerable que afecte ao uso da páxina web, do Aviso legal, da Política de Privacidade e Cookies será debidamente notificada ao usuario para que quede informado dos cambios realizados no tratamento dos seus datos persoais e, no caso de que a normativa aplicable así o esixa, o usuario poida outorgar o seu consentimento.
6. Normativa e competencia
Os nosos textos legais réxense pola lei española. Estes textos permanecerán accesibles para os usuarios en todo momento desde a nosa páxina web.
Se as partes non acordasen someterse a mediación ou arbitraxe previamente, no presente aviso legal establécese o acordo de someterse aos Xulgados e Tribunais da Coruña, renunciando expresamente a calquera outra xurisdición.
Última modificación: 9 de abril de 2025.