Fundación
Gústanos verte sorrir
Achegar a atención odontolóxica ao maior número de persoas é a nosa prioridade.

En 2013, nace a primeira Fundación Galega dedicada exclusivamente á
Atención Bucodental, un proxecto cun propósito claro: ofrecer asistencia
odontolóxica aos sectores máis desfavorecidos da nosa sociedade.

Unha mensaxe do Presidente
Quero expresar a miña gratitude a todas as persoas que, de forma
completamente altruísta, achegaron o seu traballo e dedicación para converter este proxecto nunha realidade.
Dende a Fundación, todos compartimos o desexo de devolver o sorriso a quen
a vida llo privou.
Dr. Simón Pardiñas López
Presidente da Fundación
Proxectos

Programa asistencial de saúde bucodental gratuitos a persoas con recursos limitados
A Fundación realizará de forma totalmente gratuíta en nenos e por unha cantidade simbólica de 10€ por tratamento en adultos aqueles tratamentos que consideramos básicos ou necesarios e que a Seguridade Social non cobre, que principalmente serán:
- Odontoloxía xeral: Empastes, endodoncias, hixienes, información sobre hixiene oral e prevención bucodental.
- Periodoncia: Curetaxes e cirurxías para tratar enfermidades periodontais.
- Ortodoncia (estudarase en función de cada caso).
- Prótese removibel.
- Diagnósticos e probas radiolóxicas necesarias para o tratamento do paciente.
Saber máis
As nosas accións en ningún caso pretenden substituír ao Sistema Público de Sanidade nin ao privado na prestación de servizo senón, pola contra, fomentar a súa utilización.
Non se atenderán urxencias nin tratamentos exclusivamente por motivos estéticos.
No caso de similares condicións de necesidade, a Fundación atenderá prioritariamente aos beneficiarios máis afectados pola exclusión social e/ou económica e aqueles cos que resulte máis viable o proxecto; ademais, a selección realizarase sempre por orde de solicitude e até cubrir unha cota en función das necesidades e do tratamento requirido.
En casos complexos nos que sexa necesario realizar outro tipo de tratamentos máis extensos, cada caso será estudado individualmente.
Requisitos que deberán cumprir os beneficiarios
- Deberán estar empadroados en cualquera municipio de Galicia, cunha antigüidade superior a un ano.
- Non dispoñer de recursos económicos suficientes para poder afrontar o tratamento.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas en risco de exclusión social.
- Desempregados/-as de longa duración.
- Familias numerosas.
- Mulleres maltratadas.
- Orfos/-as.
- Ter unha minusvalía psíquica e/ou física.
- Ter unha síndrome ou enfermidade dexenerativa.
- Ter unha síndrome ou enfermidade de baixa incidencia.
Procedemento
Os beneficios da Fundación serán outorgados polo Patronato con criterios de imparcialidade e non discriminación ás persoas que, reunindo as condicións sinaladas, se considere seren merecedoras dos mesmos, e dentro sempre das posibilidades económicas da Fundación.
Unha vez designados, procederase a unha primeira avaliación do paciente para así poder establecer un diagnóstico, plan de tratamento e orde de prioridade. No caso de similares condicións de necesidade, a Fundación atenderá prioritariamente os beneficiarios máis afectados pola exclusión social e/ou económica e aqueles cos que resulte máis viable o proxecto; ademais, a selección realizarase sempre por orde de solicitude e até cubrir unha cota en función das necesidades e do tratamento requirido.
En casos complexos nos que sexa necesario realizar outro tipo de tratamentos máis extensos, cada caso será estudado individualmente.
Naqueles casos nos que sexa necesaria unha sedación con anestesista debido a problemas médicos xa existentes, o importe terá que ser aboado por parte do paciente.Actualmente estamos a procurar colaboradores anestesistas para que non haxa sobrecustes neste aspecto.
Todos os tratamentos son realizados por profesionais que traballan de forma voluntaria e gratuíta.
Colabora
Achegar a atención odontolóxica ao maior número de persoas é a nosa prioridade.
Para axudarnos, podes colaborar de 2 formas:
Fágase voluntario
Para levar a cabo as súas iniciativas, a Fundación Clínica Pardiñas require axuda de numerosas persoas de dístintos ámbitos. Se quere axudarnos, non dubide en escribirnos ou chamarnos, contactarémoslle para informarche.
Realice unha donación
A pesar de que os nosos médicos traballan de forma totalmente altruista, as accións da Fundación Clínica Pardiñas conlevan certos custos. Neste sentido cada mínima achega é benvida, de maneira a poder axudar o maior número posible de persoas.
Formación
Desexosos de compartir a experiencia e os coñecementos adquiridos na Clínica Médico Dental Pardiñas, realizamos de forma regular cursos de formación.
