Especialidades dentais
Consideracións sobre saúde bucodental
Na Clínica Dental Pardiñas recibimos moitos pacientes da Coruña e da súa comarca que nos preguntan con frecuencia unha serie de cuestións que trataremos de resolver nestas páxinas.
Causas e tratamento da halitose
Mal alento
Na páxina sobre halitose explicamos que deberá facer se padece este síntoma (que está caracterizado polo mal alento), en que consiste e como tratala. Indicámoslle unha serie de instruccións que debe seguir para eliminar ou paliar este problema.

Normas e recomendacións
Normas tras as intervencións cirúrxicas
Así mesmo, describimos as normas a seguir despois dos tratamentos cirúrxicos na boca. Proporcionamos unha serie de consellos directos e claros para as horas posteriores ao tratamento cirúrxico na nosa clínica. Aínda que, como sempre que acode un paciente á nosa clínica, recomendamos que, ante calquera problema relacionado coa intervención, nos chame de forma inmediata.
Somos obxectivos
Falsas expectativas
Á súa vez tamén ofrecemos luz ás falsas expectativas nos tratamentos dentais. Cremos firmemente que os nosos pacientes deben posuír a máxima información posible, e que esta sexa veraz e non fomente falsas expectativas. Porque, tal e como dicimos, as falsas expectativas son sempre o peor inimigo en calquera relación. Tanto no caso de implantes dentais, como ortodoncias ou incluso branqueamentos dentais é sempre fundamental un correcto diagnóstico para poder explicar ao paciente o seu caso en particular.

Máis información sobre
Consideracións bucodentais
Outras especialidades
Implantes dentais
Ortodoncia
Enfermidades das enxivas
Ciruxía Oral
Próteses dentais
Estética dental
Endodoncia
Odontopediatría
Disfunción temporomandibular
Roncopatía e apnea do sono
Sedación
Estética facial
Consideracións bucodentais