Especialidades dentais
Aínda que poidan afectar os pacientes sen dor previa, as enfermidades das enxivas son un problema moi importante.
O Doutor Pardiñas, periodoncista, especializouse nun dos maiores problemas da saúde bucal dos galegos: as enfermidades das enxivas. Aínda que os odontólogos as ven como un problema importante, a maioría dos pacientes ignoranas até que se lles diagnostica na clínica dental, porque estas enfermidades poden afectar ás persoas sen producir ningunha dor antes.

Enfermidades das enxivas
Cales son as enfermidades das enxivas?
Son as que afectan ao periodonto (que é o área ao redor do dente), e alteran o soporte do óso que suxeita ao dente. Isto pode levar a unha perda dentaria. As enfermidades das enxivas maniféstanse inicialmente como unha xinxivite para logo converterse en periodontite (enfermidade periodontal).
Xenxivite
A xenxivite caracterízase por unha inflamación da enxiva sen afectación do óso que rodea ao dente. Maniféstase como unha enxiva avermellada, edematosa, e que sangra doadamente. É unha das enfermidades máis frecuentes do ser human, sendo moi común en todas as idades (até un 75% dos xoves de 20 a 25 anos teñen esta enfermidade).
É moi importante curar a xenxivite a tempo, porque pode transformarse nunha periodontite. E o máis importante é que a este nivel, a enfermidade é reversible e pode ser eliminada mediante cepillados diarios e uso de seda dental e colutorios axeitados.
Periodontite
A periodontite caracterízase por unha destrucción do óso que soporta ao dente, acabando co tempo nunha completa perda dentaria se non é tratada.
Clínicamente maniféstase como unha enxiva inflamada con presencia de bolsas periodontais (espazos que se forman debaixo da enxiva) que se valorarán cunha pequena sonda que mide a distancia entre a enxiva e o óso, movilidade ou exposición da raíz dental. A periodontite é moi rara en xoves e adolescentes, un caso entre 10.000. Nembargantes a súa frecuencia aumenta coa idade (10% entre 30 e 40 anos; 25-30% entre 50-60 anos).
Máis información sobre
Enfermidades das enxivas
Casos clínicos
Algúns dos nosos casos reais de éxito dos nosos pacientes de enfermidades das enxivas
Outras especialidades
Implantes dentais
Ortodoncia
Enfermidades das enxivas
Ciruxía Oral
Próteses dentais
Estética dental
Endodoncia
Odontopediatría
Disfunción temporomandibular
Roncopatía e apnea do sono
Sedación
Estética facial
Consideracións bucodentais