Mal alento – Causas e tratamento da halitose
A halitose ou mal alento é unha condición desagradable que xera vergoña e problemas sociais.
Dor de moas, sequedade na boca, mal alento…
Por máis que coidemos a nosa hixiene e saúde oral, a boca é unha das partes do corpo humano que máis desgaste sofre, polo que é fácil desenvolver afeccións. Neste post falamos dos dez problemas dentais e bucais máis frecuentes.
A dor de moas adoita indicar que existe unha carie, aínda que tamén podería ser debido a unha enfermidade das enxivas ou a un absceso dental. O absceso dental é unha infección causada por unha fractura no dente, unha carie ou a enfermidade periodontal, que permiten que as bacterias entren na pulpa (o tecido interno do dente que contén nervios, vasos sanguíneos e tecido conectivo) e conduzan á súa morte.
A sensibilidade dental é unha molestia ou dor nos dentes causado polo contacto destes con determinado tipo de substancias ou pola temperatura destas substancias. Nos dentes e nas enxivas sas, o esmalte e o cemento protexen, respectivamente, á dentina, unha capa interior que contén túbulos microscópicos. Se a dentina perde a protección do esmalte ou o cemento, estes túbulos permiten que a calor e o frío ou os alimentos acedos ou pegañentos cheguen aos nervios e células dentro do dente, xerando sensibilidade..
Son moitas as razóns que poden xerar unha sensibilidade dental e, por tanto, son moitos os tratamentos posibles. Entre as causas máis comúns están as caries, os dentes fracturados ou fisurados, o desgaste dun empaste ou do esmalte, e a enfermidade de enxivas ou a recesión da mesma. Entre as posibles solucións están as pastas de dentes desensibilizantes, o xel de flúor, obturación ou incrustación, o enxerto de enxiva ou a endodoncia.
O sangrado de enxivas é outra das afeccións bucodentais máis comúns. Se o sangrado é pequeno ou moi esporádico, non debería preocuparnos, pero se é algo frecuente ou excesivo require poñerlle remedio canto antes . Entre as causas máis comúns:
Esta técnica é compatible con outros tratamentos estéticos, debido a que non se describiron ata o momento interaccións negativas con outras substancias. De feito, algúns tratamentos baseados en PRGF pódense complementar utilizando un recheo para aumentar o volume dunha zona concreta se é necesario.
A halitosis ou mal alento é unha condición desagradable que provoca vergoña e problemas sociais. As causas deste problema poden variar, do mesmo xeito que os seus tratamentos.
Para solucionar o problema de mal alento, é fundamental levar unha boa hixiene bucal diaria, incluíndo colutorio, fío dental e a limpeza da lingua. Tamén son fundamentais as revisións no dentista e as limpezas profesionais..
Moitos adultos sofren dor crónica en mandíbula e cara. Algúns síntomas comúns son a molestia en ou ao redor do oído, sensibilidade da mandíbula, dor ao morder ou cefaleas.
Non sempre é fácil determinar as causas desta dor, polo que se recomenda unha revisión exhaustiva por parte do dentista, que pode incluír radiografías. Entre as causas máis frecuentes están os problemas sinusaia e dentais, a enfermidade periodontal, a infeccións, a artrite, o bruxismo e os problemas coa articulación temporomandibular.
Dependendo da orixe da dor, hai distintas opcións de tratamento que pasan pola férula bucal, os relaxantes musculares, exercicios específicos para a ATM, antiinflamatorios, antibióticos, endodoncia ou outros tratamentos para a carie, o tratamento periodontal e a extracción dental.
A boca seca, tamén chamada xerostomía, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. A saliva é a principal defensa da boca contra a carie dental, xa que esta degrada os alimentos e outros refugallos, neutraliza os ácidos producidos polas bacterias na boca e proporciona substancias que combaten enfermidades en toda a boca.
Algúns dos problemas comúns asociados coa sequedade de boca inclúen a dor de gorxa costante, a sensación de ardor, dificultade para falar e/ou para tragar, a ronqueira e a secura nas fosas nasais.
Nalgúns casos esta sequedade tamén pode ser un indicador da síndrome de Sjogren, un trastorno autoinmune crónico no que o sistema inmunitario do corpo ataca por erro as súas propias glándulas produtoras de saliva e bágoas, así como outros órganos.
Aínda que o uso de piercings orais é unha forma popular de autoexpresión, a outra realidade é que este tipo de elementos poden causar moitos problemas de saúde, especialmente na boca. Entre as afeccións máis frecuentes atópanse as infeccións que provocan, os danos nas enxivas e dentes por mordelos ou xogar con eles, a hipersensibilidade ou alerxia aos metais, o dano aos nervos trs a súa colocación, o exceso de salivación e os problemas na fala, mastigación e deglución.
Se xa ten piercings en beizos, fazula ou lingua e quere mantelos, é fundamental ter un coidado especial para evitar os problemas mencionados. Para iso recomendamos. Para ello recomendamos manter unha hixiene especial, non movelo nin xogar con el, comprobar o seu estado frecuentamente, protexelo durante a práctica do deporte e consultar ao seu dentista ante calquera afección.
Un dente gretado ou roto pode ocorrer por unha variedade de razóns, e aínda que a greta pode ser invisible a primeira ollada e mesmo a raios X, pode ser incriblemente dolorosa. Entre os problemas máis comúns deste tipo están:
Se un dente definitivo resulta arrincado de raíz, mantéñao húmido en todo momento. Se non ten un produto específico para mantelo hidratado, tente colocalo no alvéolo sen tocar a raíz ou, polo menos, mantéñao entre a fazula e as enxivas e contacte co seu dentista.
No caso de sofrir unha fractura dental, enxaugue inmediatamente a boca con auga morna para limpar a área. Poña compresas frías na cara para manter evitar calquera hinchazón.
Se se morde a lingua ou o beizo bruscamente, límpea con auga e aplique unha compresa fría.
Para os restos atrancados entre os dentes, trate de quitalos suavemente con fío dental, pero nunca tente quitalo con instrumentos afiados ou puntiagudos.
Para evitar este tipo de problemas recoméndase o uso de protector bucal durante as actividades deportivas, e evitar masticar elementos duros ou usar os dentes para cortar cousas.
Co tempo, os dentes poden mancharse e cambiar de cor, provocado, xeralmente, por determinados tipos de alimentación, ao tabaco, o envellecementos, lesións ou golpes, o uso de determinados medicamentos e a unha cuestión xenética.
Para branquear os dentes ou recuperar polo menos o seu brillo orignal, existen distintas opcións de branqueamento que poden ser ambulatorios ou en clínica. O seu dentista daralle a mellor opción:
Hai que ter en conta que, nalgúns casos, os tratamentos de branqueamento non corrixen todos os tipos de decoloración. Se ten empastes, o blanqueador non afectará a cor destes materiais, polo cal poden destacar no seu sorriso recentemente branqueado, e pode ser necesario ter que modificar eses empastes. Existen tamén outros procedementos cosméticos máis invasivos como as facetas ou coroas de porcelana ou resina.
Como comentabamos ao principio do artigo, estas son as dez afeccións e problemas bucodentais máis frecuentes. As causas e, por tanto, tratamentos de todas elas son diversas, aínda que a boa hixiene dental e as revisións continuas por parte do dentista sempre axudan a combater estas complicacións.
Implantes dentais
Ortodoncia
Enfermidades das enxivas
Ciruxía Oral
Próteses dentais
Estética dental
Endodoncia
Odontopediatría
Disfunción temporomandibular
Roncopatía e apnea do sono
Sedación
Estética facial
Consideracións bucodentais