Blog

Clínica Pardiñas Cumpre 30 Anos

03-01-2017
Máis de 80 persoas asistiron á celebración do 30 aniversario de Clínica Pardiñas, acto no que participou o monologuista Touriñán. Así foi o evento.
Touriñán, José Pardiñas, Carmen López y Simón Pardiñas en el 30 aniversario de Clínica Pardiñas

O pasado 23 de decembro, máis de 80 persoas de todos os ámbitos xuntáronse no salón de actos da Fundación Clínica Pardiñas con motivo da celebración do 30 aniversario de Clínica  Pardiñas.

O evento comezou ás 18.15 cun concerto de violín a cargo do profesor Andersson Quintiliano. A continuación, Sebastián Argibay e o Dr. Pardiñas López dedicaron unhas verbas de agradecemento aos alí presentes, entre os que se atopaban pacientes, proveedores, amigos e o equipo da clínica.

Terminado o discurso, proxectouse un vídeo homenaxe ao 30 aniversario da clínica, preparado para a ocasión por Sergio Otegui, responsable do márketing online e a produción audiovisual da clínica. Tamén houbo tempo para proxectar un vídeo recopilatorio coas opinións dalgúns dos nosos pacientes.

O momento estrela da noite chegou da man do monologuista e actor Xosé Antonio Touriñán, quen por medio dunha brillante actuación arrincou os sorrisos e gargalladas de todos os asistentes ao evento. Touriñán é copresentador do programa Land Rober na Televisión de Galicia, e recentemente participou no popular programa O Club da Comedia.

Ao final do acto, ofreceuse un variado aperitivo e viño de Bodegas Valdelana, momento no que os invitados aproveitaron para falar e compartir opinións.

Antes de rematar, queremos aproveitar este artigo para agradecer a todos os medios de comunicación galegos que se fixeron eco da noticia, como La Voz de Galicia e a Opinión da Coruña. Tamén queremos dar as grazas a todos os asistentes que quixeron compartir este momento tan especial connosco. E, por suposto, a todos aqueles que desde hai 30 anos formaron e forman parte desta clínica. Porque, desde hai 30 anos, gústanos verte sorrir.

Touriñán actuando en el 30 aniversario de Clínica Dental Pardiñas

Te puede interesar…