Blog

15 Consellos Para Ter Unha Boca Sa – Saúde Bucodental

16-08-2022
Coidar a nosa boca non só é importante pola saúde bucodental, senón porque a cavidade oral é a porta de entrada para moitas enfermidades que poden afectar o resto do corpo. Aquí dámosvos algúns consellos para manter a boca sa.

Coidar a nosa boca non só é importante pola saúde bucodental, senón porque a cavidade oral é a porta de entrada para moitas enfermidades que poden afectar o resto do corpo. Aquí dámosvos algúns consellos para manter a boca sa.

1) Cepíllate os dentes despois de cada comida

Ter unha boa hixiene dental é o primeiro paso para alcanzar unha boa saúde oral e evitar a acumulación de placa e sarro dental. Para iso, é aconsellable cepillarse os dentes despois de cada comida e facelo coas ferramentas e a técnica axeitada. Nesa limpeza é importante adicar algo de tempo á lingua e as fazulas, xa que aí acumúlanse tamén moitas bacterias. Igualmente, aconséllase o uso do fío dental polo menos unha vez ao día para eliminar os restos entre os dentes e evitar as caries interproximais. En casos de pacientes con periodontite ou portadores de próteses e implantes, tamén é recomendable o uso de cepillos interdentais ou interproximais e o irrigador dental.

2) A dieta, un aliado fundamental para manter a boca sa

A nosa alimentación e a nosa saúde bucodental están estreitamente relacionados. Neste sentido, é aconsellable privilexiar o consumo de froitas e verduras fronte a outros produtos, e reducir ao máximo os produtos azucrados e outros alimentos carioxénicos. Mención especial merecen as bebidas carbonatadas e azucradas, xa que o seu consumo en exceso pode provocar o desgaste do esmalte dental e a proliferación de carie. Algúns produtos como o té ou o café non son prexudiciais para os dentes, pero si que poden producir manchas superficiais.

3

3) Manterte hidratado axudará á túa saúde bucodental

A saliva é un aliado natural contra os problemas bucodentais. Por iso, é recomendable evitar todo aquilo que poida provocarnos xerostomía (secura de boca), e beber auga con frecuencia. O consumo de goma de mascar ou caramelos sen azucre tamén favorecen e estimulan o fluxo da saliva, cos seus consecuentes beneficios para a saúde oral.

4) Alcol, tabaco e drogas, unha combinación moi prexudicial para os nosos dentes e boca

Por diversas razóns, o alcol, tabaco e drogas poden resultar moi daniños para a saúde bucodental (e a do resto do corpo). Para empezar, todas elas provocan secura de boca. As bebidas espirituosas poden danar o esmalte dos dentes debido á súa acidez, máis aínda se se mesturan con bebidas carbonatadas. O seu abuso está estreitamente relacionado cunha maior incidencia de cancro de lingua e gorxa, polo que se recomenda un consumo moderado e moi esporádico. O tabaco, ademais de manchar os dentes e ser nocivo para a saúde en xeral, xera mal alento, reduce a osixenación dos tecidos e irrítaos, ademais de favorecer o desenvolvemento de enfermidades das enxivas e cancro oral. Por último, as drogas teñen consecuencias nefastas para a nosa boca. As substancias químicas que as compoñen poden danar directamente os nosos dentes ou provocar problemas asociados como o bruxismo, coas súas consecuentes consecuencias. Algúns estupefacientes, como a cocaína, poden chegar a provocar necrose dos tecidos internos da boca debido ao seu efecto vasoconstrictor.

5) Como conservar os teus dentes brancos

Hai que ter en conta que aínda que teñas unha hixiene dental exquisita, non fumes e sexas moi coidadoso coa dieta, é posible que a dentina se che vaia escurecendo ou amarelando co paso do tempo. Para tratar de conservar a cor natural dos teus dentes, podes utilizar pastas branqueantes ocasionalmente que che axuden a eliminar as manchas superficiais e realizar un branqueamento dental profesional no teu centro dental. 

6) Mantén baixo control o mal alento

mal alento é outro problema bucodental moi estendido, sobre todo na etapa adulta e na terceira idade. Aínda que pode ser síntoma dalgunha enfermidade sistémica, na maioría dos casos a súa orixe está relacionado coa boca. Para combatelo, é fundamental ter unha boa hixiene bucodental, incluíndo a limpeza da lingua e as fazulas. Ademais de evitar o tabaco e o alcol, recoméndase minimizar o consumo de produtos como o allo ou a cebola, moi relacionados coa halitose. Igualmente a hidratación e o consumo de goma de mascar ou caramelos sen azucre pode axudar. Se nada disto soluciona o teu problema de alento, convén comentalo co teu odontólogo e mesmo co teu médico de cabeceira para que se realicen as probas oportunas para determinar a súa orixe.

7) Os piercing orais, unha fonte de problemas na

O uso de piercings na enxiva, beizos, lingua ou calquera outra parte da boca é desaconsellable a nivel odontolóxico. Tanto na súa colocación como no seu posterior uso, estes poden danar desde os tecidos brandos como as enxivas ata os duros como os propios dentes, mesmo provocar alteracións no gusto e mal alento. Se aínda así segues interesado no seu uso, recomendamos consultalo previamente co teu odontólogo para que che aconselle a mellor maneira de levalos. 

8) Morder as unllas tampouco che vai a axudar a manter a boca sá

onicofaxia, ou o que é o mesmo, a teima de morderse as unllas, pode conlevar moitas consecuencias negativas na túa saúde oral. Falamos de desgaste ou fisuras nos dentes, aparición de chagas, deformación das enxivas e o padal, posibles malposicións dentais e infeccións bucais entre outros. Se é o teu caso, recomendámoste que busques axuda profesional para deixar atrás esta teima.

9) Os dentes non son nin tesoiras nin abrelatas

Outro costume tan común como pouco aconsellable é o uso dos dentes para cortar algo ou abrir recipientes. Este tipo de prácticas poden provocar fisuras e/o fracturas nos dentes, polo que o desaconsellamos plenamente.

10) Se practicas deportes de contacto protexe os teus dentes

As fisuras e fracturas dentais están á orde do día na práctica de deportes de contacto. Así que se practicas boxeo, kickboxing, MMA, taekwondo, karate ou calquera outra actividade deste tipo recomendámosche a utilización de protectores bucais. Estes son deseñados á medida da boca do paciente e protexen aos dentes dos impactos. Se aínda así decides non protexerte e perdes unha peza, ten en conta que esta podería ser reimplantada por un odontólogo. Para iso, recólleo canto antes do chan suxeitándoo pola coroa, nunca o agarres pola raíz, non o laves, gárdao nun dispositivo especial que conteña unha solución de Hank, ou na súa falta, nunha vaso con leite ou soro e acode ao dentista canto antes. 

11) Padeces bruxismo? Acode ao teu dentista

O bruxismo é o trastorno polo cal un paciente aperta ou rechina os dentes de maneira inconsciente, xeralmente durante a noite. Esta alteración pode ter consecuencias moi negativas na saúde oral, que van desde o desgaste de fregar uns dentes con outros, o posible desenvolvemento de fisuras e fracturas, aumento de sensibilidade dental, dores musculares ou a sobrecarga e dano na articulación temporomandibular, a que utilizamos para comer e falar. Aínda que o tratamento deste problema é complexo, é importante identificar os factores causantes deste problema. Para iso aconséllase realizar un estudo craneofacial completo no teu dentista para determinar a orixe e posible tratamento, que pode pasar por unha ortodoncia, férula de descarga, fisioterapia de ATM etc.

12) O estrés, un inimigo da saúde bucodental

Hábitos como o bruxismo ou morderse as unllas, ou doenzas bucodentais como as chagas e o herpes labial, teñen unha relación moi estreita con o estrés, un dos seus grandes causantes. Combater o estrés é algo complexo, que require de cambios e, nalgúns casos, de axuda psicolóxica profesional. A saúde oral é só una das razóns polas que convén evitalo.

13) Practicas sexo oral? Toma precaucións

sexo oral é unha práctica habitual dentro dos encontros eróticos. Con todo, se non se toman precaucións, a súa práctica pode conlevar algúns riscos. Entre as enfermidades que poden ser contaxiadas durante o sexo oral encontrarmos o herpes, a clamidia, o VIH, o virus do papiloma humano, a sífilis, a gonorrea e a hepatite. Por esta razón, recomendamos o uso de profilácticos para a práctica do sexo oral, extremar a hixiene íntima e bucodental e acudir a revisións periódicas para coñecer o estado de saúde sexual. 

14) Perdiches algún dente? Substitúeo canto antes

Unha carie, un absceso, un impacto na boca, unha perda de óso debido á periodontite… son algunhas das causas polas que se poden chegar a perder os dentes. Se é a túa situación, a nosa recomendación é que o substitúas canto antes, xa que ese oco na túa arcada dental pode provocar, a medio e a longo prazo, o desprazamento doutros dentes. Entre as solucións de substitución están as pontes e os implantes. O teu odontólogo determinará cal é a alternativa máis adecuada á túa situación e orzamento. 

15) Visitar ao dentista con regularidade axudarache a manter a boca sanda

Unha última recomendación para a túa saúde oral é acudir ao dentista con regularidade. O profesional odontolóxico revisará o estado da túa boca, detectando posibles problemas e brindando posibles solucións se fose necesario. Ademais, é recomendable realizar as profilaxes bucodentais profesionais de forma periódica para quitar o sarro acumulado entre os dentes. Adoita ser recomendable facer este tipo de limpezas unha vez ao ano, aínda que aqueles pacientes que xeran unha maior cantidade de sarro poden requirir máis intervencións.

Vives na Coruña? Estaremos encantados de atenderche

Se vives na Coruña ou nalgunha localidade próxima de Galicia e requires atención odontolóxica, o equipo de Clínica Médico Dental Pardiñas está á túa enteira disposición. Podes pedir información ou cita sen compromiso a través do noso formulario de contacto.

Te puede interesar…