Blog

Curso Clínico De Ortodoncia En Fundación Clínica Pardiñas

06-05-2015
Dan comezo os cursos de ortodoncia impartidos por Orthoquick en colaboración coa Fundación Clínica Pardiñas
Curso clínico de ortodoncia en Fundación Clínica Pardiñas

Esta semana deu comezo o curso clínico de ortodoncia que imparte Orthoquick en colaboración coa Fundación Clínica Pardiñas. A formación pretende capacitar os asistentes para optimizar o diagnóstico ao paciente, para elixir o tipo tratamento máis axeitado e axudar no seguimento do tratamento odontolóxico.

Os alumnos recibirán clases de nove horas diarias cada cinco semanas durante 18 sesións, contando cada xornada cunha parte práctica e unha teórica. Durante a práctica traballarán en parellas intercambiando os papeis de operador e axudante, segundo o paciente, que corresponda.

Máis información na páxina sobre cursos odontolóxicos en Orthoquick

Te puede interesar…