Recentemente a Clínica Pardiñas recibiu información de interese acerca de cómo un profesional da odontoloxía debe formularse o tratamento dun paciente sospeitoso de estar infectado polo Ébola. Aínda que é unha información dirixida a dentistas, cremos que moito do aquí exposto pode ser de interese para calquera dos nosos lectores. Por iso, tal e como a información chegou ata nós a través da Asociación Dental Americana, compartímola convosco.
Unha persoa infectada de Ébola non é contaxiosa ata que os síntomas aparecen. Ben é certo que, debido á virulencia coa que ataca a enfermidade, é difícil que unha persoa infectada busque atención dental cando se sente realmente enferma. Non obstante, de acordo co Centro de control de Enfermidades e Prevención, os dentistas teñen que estar ao día da historia médica do paciente, incluíndo as viaxes dos pacientes por cuxos síntomas poidan padecer unha enfermidade vírica.
Calquera persoa durante os 21 primeiros días dende o regreso dunha viaxe polo oeste de África (Liberia, Serra Leoa, Guinea) puido estar en contacto con persoas infectadas de Ébola e non presentar os síntomas. Se este é o caso, recoméndase aos profesionais dentais diferir as citas cos pacientes ata que pasen 21 días dende regreso do viaxeiro. En caso de que o paciente necesite algo máis urxente que unha revisión médica, pódese proceder a un tratamento odontolóxico logo de consulta co médico de cabeceira do paciente e tomando as medidas oportunas.
A febre é unha das manifestacións máis frecuentes da infección, pero evidentemente a febre é un síntoma tamén presente noutras moitas enfermidades. Outros síntomas:
· Febre por enriba dos 38,6º C e dor de cabeza.
· Dores musculares.
· Vómitos.
· Diarreas.
· Dor de abdome e sangrado espontáneo.
Un dentista non debería tratar un paciente que presente estes síntomas. Pero si é unha urxencia médica, o dentista debe:
– Protexerse co vestiario axeitado e establecendo barreiras físicas: máscara, luvas e protección da cara.
– Chamar o servizo médico inmediatamente.
– Notificar as autoridades sanitarias pertinentes.
– Solicitar a desinfección do equipo utilizado e da zona de influencia.
O Ébola transmítese a través do contacto directo co sangue ou con outros fluídos corporais como os ouriños, a suor, as feces, a saliva, o vómito e o seme; ou con determinados obxectos que puidesen ser contaminados polo infectado. Pero recordamos que se o portador do ébola non presenta os síntomas é contaxioso. O virus non se transmite a través do aire, agua ou comida. Pero lembramos que non se reportou risco de transimisón do Ébola en paciente que non presentan os síntomas.