Especialidades dentais

Exploración e detección de lesións orais

A nosa clínica é o primeiro centro en Galicia que conta cun dispositivo innovador que axuda aos profesionais dentais a detectar posibles lesións malignas na boca, lingua, beizos e gorxa.

Debido a que os signos e síntomas de cancro oral a miúdo non poden ser detectados a simple vista, este dipositivo permítenos facer precisamente iso, identificar os cambios na boca que poden ser un signo de algo máis grave.

Esta análise coa tecnoloxía Identafi é totalmente indolora e realízase en escasos minutos para comprobar se existe calquera problema que poida afectar á saúde oral.

Segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica, máis de 4.000 españois son diagnosticados cada ano con cancro oral, unha enfermidade que, por desgracia, causa máis de 1.000 mortes anuais, o que se traduce é 3 mortes diarias.

Non obstante, estas desvastadoras cifras poderíanse modificar para ben xa que o principal problema do cancro oral é que se diagnostica, na súa gran maioría, en etapas moi avanzadas xa que ao inicio da enfermidade non presenta síntomas detectables a simple vista, nin xera molestias nin doenzas.

Ademais, o feito de non fumar ou non beber en exceso non exime unha persoa a parecer cancro oral. Desafortunadamente, a día de hoxe desatáronse todas as alarmas entre os sectores máis novos xa que cada vez máis público con idades inferiores a 40 anos presenta cancro oral debido ao desenvolvemento do coñecido virus Papiloma Humano que se contrae a través do contacto íntimo. Por iso, todos os doutores e dentistas recomendan realizar revisións orais unha vez ao ano para evitar o desenvolvemento de enfermidades canceríxenas.

Casos clínicos

Algúns dos nosos casos reais de éxito dos nosos pacientes de ciruxía oral

Casos clínicos

Outras especialidades

Implantes dentais 

Ortodoncia

Enfermidades das enxivas

Ciruxía Oral

Prótese dental

Estética dental

Endodoncia

Odontopediatría 

Disfunción temporomandibular

Roncopatía e apnea do sono

Sedación

Consideracións bucodentais