Extración moas do xuízo
Nalgunhas ocasións, as moas do xuízo causan problemas ao erupcionar. Falamos sobre a dor nas moas do xuízo e a súa extracción neste post.
Hai casos nos que, por diversos motivos, non se dispón do óso necesario para poder rehabilitar unha boca con próteses sobre implantes.
Nestes casos é importante realizar un estudo e unha avaliación para determinar se é posible rexenerar ese óso perdido, permitindo así unha correcta rehabilitación con implantes dentais.
Os enxertos axúdannos a recuperar os tecidos perdidos por diferentes causas, xa sexa por extraccións dentais, quistes ou pola necesidade de aumentar a cantidade de óso para levar a cabo un tratamento rehabilitador satisfactorio. Existen múltiples tipos de enxertos, materiais e técnicas.
O Plasma Rico en Factores de Crecemento ( PRGF) é un factor máis que axúdanos á hora de rexenerar e previr reabsorcións de óso despois de, por exemplo, unha extracción ou tras a eliminación de quistes.
Os enxertos axúdannos a recuperar tecidos perdidos debido a diferentes causas, xa sexa por extraccións dentais, por quistes ou por necesidade de aumentar a cantidade de óso para poder realizar un tratamento rehabilitador satisfactorio.
No caso dos implantes dentais, para a súa colocación é necesario dispoñer dunha determinada cantidade de óso, tanto en altura e anchura coma en calidade. A utilización dos distintos tipos de enxertos axúdannos solucionar esta falta de tecidos.
Entre os distintos tipos de enxertos existen:
Tras a extracción do dente, o óso que rodea a raíz do dente comeza a remodelarse e encher parcialmente o oco deixado pola raíz.
Existen técnicas para promover esta rexeneración ósea, que se realizan no momento da extracción.
Esta técnica axuda a previr a atrofia ósea debido á extracción dos dentes. Consiste en encher o alveolo cun enxerto óseo ou plasma rico en factores de crecemento e posteriormente cubrilo cunha membrana nos casos necesarios de enxerto óseo. O proceso de curación ósea levará varios meses dependendo do material empregado e a membrana reabsorberase gradualmente. Unha vez curado o óso pódense colocar implantes.
Algúns dos nosos casos reais de éxito dos nosos pacientes de ciruxía oral
Implantes dentais ![]()
Ortodoncia
Enfermidades das enxivas
Ciruxía Oral
Prótese dental
Estética dental
Endodoncia
Odontopediatría
Disfunción temporomandibular
Roncopatía e apnea do sono
Sedación
Consideracións bucodentais