Blog

Drs. José Pardiñas E Carmen López Participaron En Senllos Cursos De Formación Continuada

24-12-2012
Os Drs. José Pardiñas e Carmen López participaron en senllos cursos de formación continuada o pasado fin de semana.

Dr Pardiñas asistiu ao curso-taller de cirurxía mucoenxival celebrado o pasado fin de semana en San Sebastián. O curso que se celebrou os días 1 e 2 de Febreiro en San Sebastián foi impartido polo Dr. Fernando Fombellida.

Nel realizáronse diversas prácticas relacionadas con distintas técnicas de cirurxía xenxival. Ademais repasáronse conceptos teóricos importantes para poder realizar correcta e exitosamente todos os procedementos mucoenxivais.

Pola súa banda a Dr. López Prieto asistiu ao curso de Odontoloxía Estética Integrada organizado pola Sociedade Española de Prótese Estomatolóxica e Estética celebrado en Madrid o pasado 2 de Febreiro.

O devandito curso foi impartido polo Prof. Claudio Pinho. Nel tratouse a importancia da integración e coñecemento de todos os principios estéticos na rehabilitación do sorriso, así como tamén como conseguir a excelencia estética e funcional nos sorrisos dos pacientes que nos visitan.

Te puede interesar…