Blog

Fundación Clínica Pardiñas Premiará Ao Mellor Xogador Do Deportivo

21-09-2015
Nace o Premio Fundación Clínica Pardiñas, un galardón que será concedido ao finalizar a tempada ao xogador do Deportivo da Coruña máis votado polos usuarios.
Nace o Premio Fundación Clínica Pardiñas, un galardón que será concedido ao finalizar a tempada ao xogador do Deportivo da Coruña máis votado polos usuarios.

Hoxe ábrense as votacións para o Premio Fundación Clínica Pardiñas, un galardón que se entregará a un xogador do Deportivo da Coruña ao final de tempada. Para elixir o gañador, despois de cada partido os afeccionados poderán votar ao mellor xogador da xornada e o que máis puntos acumule canto termine A liga recibirá o recoñecemento.

Da mesma forma, o Deportivo cederá camisetas, bufandas e balóns asinados polo seu persoal que se sorteasen a cambio de doazóns de 1€, euro que será destinado a financiar tratamentos odontolóxicos a persoas en situación de necesidade.

 

Con esta colaboración con Riazor.org buscamos dar unha maior difusión á actividade da fundación, tratando así de chegar a máis usuarios que puidesen necesitar este servizo solidario.

Te puede interesar…