Hermitas F. G. de 98 anos, someteuse a unha cirurxía en Clínica Pardiñas para substituír unha peza dentaria faltante cun implante dental debido a unha fractura.
Tres meses despois, mostra contenta os resultados: “Estou encantada co meu novo implante e non teño ningunha molestia”, asegura. A cirurxía que durou 1 hora levouse a cabo con anestesia local e sen complicacións. “A paciente saíu polo seu propio pé e ao cabo dunhas horas colocóuselle a prótese sobre o implante, recuperando así a función e estética”, explica o doutor Pardiñas.
Con máis de 6 mil implantes colocados en Clínica Pardiñas en Galicia dende hai máis de 25 anos, nunca antes se realizara unha cirurxía destas características nunha persoa de idade tan avanzada.



