Blog

Clínica Pardiñas, A Mellor Comunicación Dental De España

20-09-2022
A estratexia de comunicación e márketing de Clínica Médico Dental Pardiñas foi recoñecida como a mellor de España nos premios da revista Gaceta Dental

O proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas foi recoñecido como o mellor dentista de España en comunicación e márketing nos premios Gaceta Dental, os máis prestixiosos do país no ámbito da odontoloxía. A gala foi celebrada o 15 de setembro no Palacio Duques de Pastrana en Madrid e o Dr. Simón Pardiñas foi o encargado de recoller o trofeo.

Clínica Pardiñas, máis de 10 anos de divulgación bucodental na internet

Este recoñecemento é froito dunha longa traxectoria apostando pola comunicación e información ao paciente dunha maneira clara, sinxela e con rigor científico. Tras máis de 10 anos xerando contido, Dentalk.tv é a canle dental máis grande do mundo en YouTube. Con cifras que roldan os 300 millóns de visitas e os 900.000 subscritores, a nosa clínica é unha referencia internacional no sector da saúde oral. Xa a comezos dos anos 2000, a clínica apostou polos medios online, sendo un dos primeiros centros dentais en España en contar cunha páxina web.

O Dr. Simón Pardiñas, a cara visible de Dentalk.tv

Este premio é tamén un recoñecemento ao labor do doutor Simón Pardiñas, a cara visible do proxecto. O odontólogo galego é un asiduo colaborador e divulgador científico en diversos medios de comunicación nacionais e internacionais, tanto de televisión, prensa, radio e dixital.

Por todo iso, ser galardoados por un medio de comunicación da talla de Gaceta Dental é todo un orgullo para nosa clínica e o noso equipo, un pulo cara a adiante para seguir facendo chegar a información odontolóxica a todos os lugares do mundo.

Te puede interesar…