Blog

O Dr. Pardiñas López Participou No Meeting Da Northeastern Society Of Periodontists

25-04-2013
O Dr. Pardiñas López asistiu o pasado 19 de Abril ao meeting da Northeastern Society of Periodontists celebrado en Nova Iorque

O Dr. Pardiñas López asistiu o pasado 19 de Abril ao meeting da Northeastern Society of Periodontists celebrado en Nova Iorque. Nel tratáronse temas sobre a relación da Diabetes coa enfermidade periodontal así como as últimas directrices para o seu tratamento e manexo destes doentes.  A súa vez tamén expuxéronse temas sobre fisioloxía, patoloxía e anatomía do seno maxilar en relación coa implantoloxía.

Durante a pausa para a comida rendiuse unha homenaxe ao recentemente falecido Dr. Robert Schoor, director do Programa de Periodoncia da New York University e pasado presidente da American Academy of Periodontology.

Te puede interesar…