Blog

Franquías De Clínicas Dentais, ¿O Barato Sae Caro?

17-12-2014
En España as cadeas e franquías dentais están a experimentar un enorme crecemento grazas aos seus prezos aparentemente baixos. Pero, que hai detrás destes grandes grupos?, é ouro todo o que reloce?

Recentemente o programa Repor de Televisión Española emitiu unha reportaxe sobre o enorme crecemento experimentado polas cadeas e franquías de clínicas dentais en España. Atraídos pola súa continua publicidade e polos seus prezos aparentemente baixos son moitos os pacientes que acoden a este tipo de tratamentos.

Pero… é ouro todo o que reloce? Segundo a información publicada nesta reportaxe, detrás destes grandes grupos hai máis sombras que luces. O seu primeiro punto negro baséase na economía de escala e é que ao ser grupos tan grandes poden exercer presión sobre os provedores.

De igual xeito, realizan unha publicidade enganosa construída en torno a prezos moi por debaixo da competencia pero que rematan por aumentar notablemente unha vez o paciente recibe o tratamento, igualando ou incluso superando os prezos doutras clínicas que non son franquicias.

Outro dos puntos negros pasa polos propios traballadores, quen en numerosas ocasións reciben un soldo moi por debaixo do axeitado á súa formación. Nos casos máis extremos, directamente non reciben salario ningún e traballan a comisión. Isto provoca moitas veces que o paciente reciba sobretratamientos, é dicir, tratamentos excesivos para as necesidades reais do clientes.

Estas son algunhas das claves que poderedes encontrar nesta interesante reportaxe de Televisión Española. Animámosvos a ver o vídeo e sacar as vosas propias conclusións. O que si que podemos asegurarvos é que hai clínicas onde o diñeiro está moi por diante do paciente e iso sempre leva consigo un servizo de baixa calidade.

Te puede interesar…