Blog

80 Millóns De Bacterias En Cada Bico

17-12-2014
Un estudo da Organización Holandesa de Investigación Científica Aplicada sostén que nun bico con lingua transmítense 80 millóns de bacterias

Un estudo recente sostén que nun bico francés de dez segundos de duración se transmiten ata 80 millóns de bacterias. Con bico francés referímonos a aquel que leva consigo un contacto entre as linguas e un intercambio de saliva, unha manifestación habitual de cariño en máis dun 90% das culturas.

O estudo, elaborado pola Organización Holandesa de Investigación Científica Aplicada, tomou como mostra a 21 parellas, quen previamente encheran un cuestionario acerca do seu hábitos en materia de bicos.

A investigación conclúe ademais que a flora bacteriana dunha parella ten moitos máis elementos compartidos que a de dúas persoas ao azar, aínda que isto non é só unha cuestión de bicos xa que, en liñas xerais, as parellas adoitan ter hábitos de vida en común.

Te puede interesar…

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Estreamos Canle De YouTube En Galego

Desde Clínica Médico Dental Pardiñas publicamos en Youtube vídeos en 3D sobre odontoloxía en lingua galega co propósito de promover a difusión dá nosa cultura e idioma.

ler máis